Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement

O reino dos diamantes é o episodio 22 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 178 en total. Estreouse o 1 de outubro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza coas Winx que lle amosan a Faragonda a toupa escava-furacos, que crían elas ao principio que Kalshara o secuestrara. Elas asegúranlle á á directora que ela e a toupa escava-furacos esta están conectadas. No entanto, Faragonda ten tan só poucas lembranzas sobre a toupa escava-furacos.

Pero ninguén non sabe de feito que Kalshara se transformou na toupa escava-furacos esta, de novo Faragonda acepta a súa existencia e tómaa en cura. Faragonda despois amósalles unha estatua coa forma da toupa escava-furacos.

A estatua foi moi brillante e feita de diamantes. Crendo que poida estar aí o derradeiro poder, as Winx usan a súa transformación Tynix para entraren no Mini-Mundo dos Diamantes.

No Mini-Mundo dos Diamantes, as Winx coñecen os Reis Diamantes que estaban a organizar unha festa. Elas queren preguntarlles aos Reis Diamantes sobre o derradeiro poder. Pero para poderen pasar polos gardas, teñen que ofrecerlles un agasallo aos Reis Diamantes.

Cando entra un cociñeiro do pazo e amósalles unha receita feita por el, pero xa que os diamantes non creceron sans, aos Reis non lles gustou. As Winx logran pasar e preguntan sobre o derradeiro poder. O rei di que se atopa nun diamante e a raíña di que está no pomar do Reino dos Diamantes.

No pomar do Reino dos Diamantes, as Winx coñecen o cociñeiro xefe dos reis, que as leva ata unha cova. Na cova hai unha flor que contén o derradeiro poder, de novo Flora tenta coller o derradeiro poder do diamante.

Grazas á maxia Tynix, Flora logra facer que as flores Diamantes dean diamantes máis sans. O diamante do derradeiro poder é tan brillante que as fadas nunca viran nada tan brillante.

Pero o diamante do derradeiro poder, non paraba quieto e ninguén o conseguía coller. Nese momento a gruta empeza a esborrallarse, e Flora queda atrapada baixo as pedras ao tentar coller o diamante do derradeiro poder. Bloom tenta socorrer Flora, pero non o consegue.

Daquela, da estatua da toupa escava-furacos sae o diamante, e Kalshara transformada na toupa escava-furacos rouba o diamante e foxe con el. Faragonda decátase de que foi enganada. Fóra da escola, Kalshara amósalle a Brafilius o diamante, dicindo que só foi grazas a ela que conseguiron o derradeiro poder e el é un inútil.

Brafilius, furioso, róuballe o diamante a Kalshara e vólvese o seu novo gardián, evocando as Trix do Legendarium cos seus novos animais máxicos, mentres que aínda no Mini-Mundo dos Diamantes, as Winx tentan salvar Flora do monte de pedras. O episodio remata co regreso das Trix.

Feitos importantes[]

  • As Trix aparecen de novo dende o episodio 156 (Winx inesquecibles).
  • Descóbrese que o derradeiro poder está no interior dun diamante.
  • No Mini-Mundo dos Diamantes, as Winx descobren o derradeiro poder.
  • Aparece por primeira vez o Mini-Mundo dos Diamantes.
  • Kalshara e Brafilius rouban o derradeiro poder.
  • Brafilius vólvese o gardián do derradeiro poder.
  • Flora queda atrapada ao tentar coller o diamante co derradeiro poder.

Curiosidades[]

Galería[]

Advertisement