FANDOM


O santuario do dragón verde
Tempada 6, episodio 9
Winx139.png
Información do episodio
Número de episodio total 139
Data do trinque (Italia) 3 de marzo do 2014
Data do trinque (EUA) 17 de maio do 2014
Nomes originais
Nome en italiano Il tempio del drago verde
Nome en inglés (EUA) Shrine of the Green Dragon
Sucesión de episodios
anterior
O ataque da esfinxe
seguinte
O invernadoiro secreto
Lista de episodios

O santuario do dragón verde é o episodio 9 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 139 en total. Estreouse o 3 de marzo do 2014 en Italia.

Argumento Editar

Deixando o Exipto, as Winx voan ata China, seguindo o camiño de Eldora coa esperanza de conseguir algunha pista na súa busca e selar o Legendarium dunha vez por todas. Elas aínda non son conscientes que as Trix aínda están disfrazadas como estudantes de primeiro ano de Alfea. Voan sobre a gran Muralla Chinesa, onde Daphne suxire continuar a súa busca en terra.

Baixan a unha vila próxima ao pé da Muralla para pedir información. Tras amarrar os globos, as raparigas diríxense a un restaurante para preguntar sobre Lu Wei, mentres as Pixies quedan atrás. Daphne tenta falar cun camareiro, que lles di que tomen algo nunha mesa. As Winx non teñen máis remedio que facelo e piden comida.

Stella está a piques de pedir algo, pero Daphne interrómpea e pregunta ao camareiro sobre Lu Wei. O camareiro dille que non sabe nada e toma as súas ordes de traerlles albóndegas. Cando o camareiro trae as albóndegas, Icy usa a súa maxia para pór na comida un feitizo de sono. As raparigas comen as súas albóndegas, e despois caen inmediatamente durmidas na mesa.

Mentres tanto, Chatta vai tentar conseguir algo de comida como as outras e as Pixies séguena e deixan Piff. Elas quedan moi sorprendidas ao atopar as Winx durmidas e as estudantes de primeiro ano de pé a piques de atacar as Winx.

As Trix prepáranse para coller o diario de Eldora, pero despois deciden tomar a oportunidade de matar as Winx mentres estaban indefensas. Felizmente, as Pixies voan dentro e defenden as súas fadas enlazadas. As Trix finalmente tíranse os seus disfraces e loitan contra as Pixies. Piff entón esperta e entra no restaurante para espertar as Winx.

As Winx sorpréndense ao ver ás Trix e cando as Winx estaban a piques de transformarse, as tres bruxas teletranspórtanse. O camareiro móstralles o seu agradecemento ás Winx e ás Pixies por salvar o seu restaurante, e dilles onde poden atopar Lu Wei, o último domador de dragóns.

Nun templo que hai sobre unha montaña, o equipo atópase con Lu Wei. Daphne e Bloom tentan conseguir que lles axude, pero el non quere saber nada e deixa o equipo fóra, e di ás Winx que non as axudará.

En Torre de Nubes, Stormy enfádase porque perdeu a súa oportunidade de acabar coas Winx, pero Icy di que teñen que tomarse o seu tempo. Selina murmura dicindo que precisa de máis poder para liberar Acheron. Entón as Trix ordenan á Selina que utilice o seu Legendarium para combater o equipo da China. Ela utilízao para convocar os dragóns verdes, e mándaos a invadir China.

De novo na gran Muralla, os dragóns veñen sobre as Winx. Rapidamente transfórmanse para loitar contra eles. Daphne dille a Bloom que os ataques frontais non funcionarán nos dragóns, debido á súa velocidade, polo que Flora e Layla estabelecen algunhas trampas para que baixen a súa velocidade.

As Winx conseguen atrapar dous dos dragóns, a seguir, Lu Wei voa montado nun dragón maxenta e tenta defenderse do dragón verde restante. Lu Wei decátase de algo estraño nos seus pescozos antes de ser atacado mentres é salvo polas Pixies. Os dragóns atrapados chegan a liberarse e todos eles atacan o dragón de Lu Wei.

Lu Wei di ás raparigas que os dragóns son incontrolables a menos que estean equipados coas perlas de restrición, e estas perlas poden atoparse na montaña próxima. As Winx non teñen máis remedio que ir cara á cova da montaña e atopar as perlas.

Un dragón ataca Musa e Tecna, entón Musa atopa unha perla e ponlla no pescozo do dragón. Stella fai un paseo cun dragón, antes de conseguir unha perla que lla pon Layla. Daphne atopa a última perla, pero queda fóra de combate no ar polo último dragón e Bloom voa rapidamente para abaixo para coller a perla antes de colocala finalmente ao dragón.

Os tres dragóns de inmediato vólvense mansos, e Lu Wei expresa a súa gratitude. Bloom entón pregunta por Eldora, e el responde que non ten idea de onde fora. No entanto, el sabía que ela mencionou antes de ir a un local rodeado dunha flor do seu tipo favorito, que se mostra como unha especie de flor de cristal.

Para atopar a fada madriña, as Winx terán de descubrir onde crece a flor. Flora, sendo botánica, non ten idea de que tipo era, para gran sorpresa das outras raparigas. Bloom suxire regresar a Alfea e buscar respostas. Daphne despois suxire a Lu Wei que teña o seu templo aberto aos turistas, e el está de acordo.

Feitos importantes Editar

  • As Winx descobren que as Trix se disfrazaron de Carol, Evie e Lori.

Curiosidades Editar

  • Cando as Trix atacan as Pixies (mentres as Winx están a durmir), Darcy usa a maxia de xeo de Icy, Icy usa a maxia de tempestade de Stormy e Stormy usa a maxia de escuridade de Darcy.
  • Este episodio foi ao ar nos EUA como parte da maratón de maxia online.
  • Hai un pequeno erro cando as Winx se decataron que as Trix estaban disfrazadas só neste episodio. Bloom é capaz de ver a aura das persoas na Terra, as súas intencións verdadeiras. Ela sería capaz de ver que as intencións das novatas eran malas, xa que na verdade eran as Trix disfrazadas.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou