FANDOM


O secuestro de Stella
Tempada 7, episodio 18
Winx174.png
Información do episodio
Número de episodio total 174
Data do trinque (Italia) 29 de setembro do 2015
Data do trinque (EUA) 6 de marzo do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Il rapimento di Stella
Nome en inglés (EUA) Banana Day
Sucesión de episodios
anterior
Perdidas nunha gota
seguinte
O arco da vella de Magix
Lista de episodios

O secuestro de Stella é o episodio 18 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 174 en total. Estreouse o 29 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza no Parque de Rescate Animal da Terra, onde os Especialistas están a xogar cuns lémures para que collan unha pelota, e a pelota acaba na auga. As Winx veñen cos seus animais máxicos e eles danlles plátanos aos lémures, e Roxy di que teñen que volver aos seus hábitats naturais.

No bosque dos lémures, Kalshara e Brafilius aparecen para buscar o animal co último poder. Brafilius quere descansar, e Kalshara di que os lémures non sobrevivirían se non houbese plátanos. As Winx e os Especialistas chegan cunha nave, para deixar os lémures.

Os lémures son collidos por Kalshara e Brafilius, e Brafilius descobre que os lémures non teñen o poder supremo. As Winx atopan Kalshara e Brafilius, e transformaranse para loitar contra eles. Kalshara ordena a Brafilius lanzar un feitizo nos plátanos, para convertelos en monstros.

Os plátanos convértense en monstros, e atacan o equipo e os lémures, e mesmo atacan Brafilius. Os plátanos teñen comportamento de neno. Flora decide utilizar os seus poderes Butterflix para que a natureza lles axude, pero non ten éxito. Stella tenta con luz, pero destrúe os plátanos e os lémures non se poderán alimentar.

As Winx teñen que volver ao pasado para coller un plátano, e Kalshara di que Brafilius as seguirá, pero Brafilius aínda se está a tentar liberar dun plátano monstro. Os Especialistas quedan no presente para loitar, e as Winx viaxan ao pasado. Pero cando chegan, as Winx non atopan ningunha árbore de plátanos.

Stella atopa un animal enorme, que é un lémure prehistórico. Pero o lémure namórase de Stella, e cóllea. As Winx transfórmanse de novo para liberar Stella. O lémure xigante loita contra as Winx, e Musa utiliza o seu poder, pero non funciona. Flora tampouco pode paralo.

O monstro desapareceu. Bloom ten unha idea, utilizar un plátano para atraer o lémure xigante. Mentres tanto, o lémure xigante e Stella están nunha gruta. A Stella non lle gusta o local, e o lémure xigante fai un vestido de plantas para Stella e dálle unhas flores.

Bloom aparece cunha bóla de plátanos, e lánzaas ao lémure para que vaia cara á saída. O lémure vai collendo os plátanos, e ao final deixa Stella. Bloom di que teñen que volver ao presente, e Stella transfórmase para quitarse o vestido de plantas. Pero o lémure colle Stella, e tamén viaxa ao presente.

Kalshara libera Brafilius e dille que vaia ao pasado, pero as Winx xa completaron a súa misión. Elas chegan co lémure xigante, que aínda ten Stella. Brandon tenta facer que o lémure deixe a súa noiva, sen éxito. O lémure cómese os plátanos monstros, e Brafilius tenta saber se o lémure ten o poder supremo, pero non pode.

Kalshara decide transformarse en aguia, colle Brafilius e vaise. As Winx crean árbores con plátanos enormes, e fan que os monstros desaparezan. O lémure deixa Stella e comeza a comer os plátanos, e os lémures actuais xogan cos plátanos enormes e co lémure enorme. As Winx bailan cos seus noivos, e termina o episodio.

Feitos importantes Editar

  • Un animal e uns plátanos do pasado veñen cara ao presente.

Curiosidades Editar

  • Esta é a primeira vez que as Winx se transforman dúas veces na súa forma Butterflix.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou