FANDOM


O segredo de Morgana
Tempada 4, episodio 25
Winx103.png
Información do episodio
Número de episodio total 103
Data do trinque (Italia) 11 de novembro do 2009
Data do trinque (EUA) 29 de xullo do 2012
Nomes originais
Nome en italiano Il segreto di Morgana
Nome en inglés (EUA) Morgana Secrets
Sucesión de episodios
anterior
O día da xustiza
seguinte
Xeo e fogo
Lista de episodios

O segredo de Morgana é o episodio 25 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 103 en total. Estreouse o 11 de novembro do 2009 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza na illa de Tir Nan Og, onde as Winx e os Especialistas están tristes pola morte de Nabu. Mentres tanto, Nébula está a adestrar Layla para loitar contra os Feiticeiros do Círculo Negro. Nébula di a Layla que os Feiticeiros se esconden na Dimensión Omega, e Nébula quere ascender ao trono.

Roxy ten un pesadelo que Morgana está en perigo, e Bloom di que os soños de Roxy nunca fallan. As Winx transfórmanse, e atopan que o castelo está baixo un feitizo. Un lagarto transfórmase nun monstro, e cada vez que son atacados multiplícanse.

Roxy ten unha visión que Morgana está na torre do castelo, e tres Winx divídense das outras e os Especialistas para atopar unha entrada pola parte superior, mentres o resto do equipo entra pola parte inferior. Roxy cre que Morgana está no palacio, pero non sabe onde.

As fadas vingativas aparecen, e Bloom, Stella e Flora usan as ás Speedix. As fadas vingativas atacan as tres Winx, e ao final as tres deciden facer unha converxencia Believix. Pero aparece Layla, e captura ás Winx. Nébula di que Morgana está atrapada nun espello.

Nébula informa que irán á Dimensión Omega para destruír os Feiticeiros do Círculo Negro, e logo destruirán os humanos. Entón aparece o resto do equipo, e atacan as fadas guerreiras. Layla quere atacar ás Winx, e Bloom di a Nébula que deteñan a vinganza. Pero Nébula, Layla e as fadas guerreiras teletranspórtanse á Dimensión Omega.

Morgana di que só a súa filla pode rescatala, e Roxy logra rescatar Morgana co que se revela que Morgana é a nai de Roxy, e Ogron borrou os recordos de Klaus sobre ela. Na Dimensión Omega, as fadas vingativas capturan Gantlos, e entón aparecen as Winx, os Especialistas e Morgana, e Morgana deixa inconsciente ás fadas vingativas.

Gantlos foxe, e Roxy crea un paxaro de xeo para que atope Gantlos. Mentres tanto, Nébula e Layla están a buscar os Feiticeiros. Gantlos reúnese con Ogron e Anagan, e Ogron di que esperarán e atacarán ás fadas dende a Dimensión Omega. As Winx atopan unhas fadas atrapadas baixo cubos de xeo, e entón aparecen Nébula e Layla.

Mentres tanto, os Feiticeiros do Círculo Negro preparan atacar as fadas. Morgana di a Nébula que teñen que deter a vinganza, e as fadas guerreiras deixan as armas menos Nébula e Layla. Entón os Feiticeiros do Círculo Negro atacan ás fadas. Os Especialistas fan que as fadas saian desta cova, e as Winx van buscar os Feiticeiros do Círculo Negro.

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou