FANDOM


O segredo do profesor Avalon
Tempada 2, episodio 9
Winx35.png
Información do episodio
Número de episodio total 35
Data do trinque (Italia) 15 de maio do 2005
Data do trinque (EUA) 5 de novembro do 2005
Nomes originais
Nome en italiano Il segreto del professor Avalon
Nome en inglés (EUA) Professor Avalon’s Secret
Sucesión de episodios
anterior
Desfai-praceres
seguinte
A sala do códice
Lista de episodios

O segredo do profesor Avalon é o episodio 9 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 35 en total. Estreouse o 15 de maio do 2005 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza cun ancián a facer unha profecía, e logo nun planeta veñen uns monstros que destrúen todo, ata que un ser con ás parece que salva á poboación, pero logo continúa coa destrución.

En Alfea, Bloom está a ter un soño dos seus pais biolóxicos, cando esperta. No comedor, Tecna explica a lenda que saíu antes, e Stella só pensa en comer máis. Tecna dálle unha mazá, pero só é un holograma e aparecen máis hologramas. Resulta que é un truco de WizGiz.

Avalon chega, e dá unhas flores a todas as fadas. Entón Avalon di a Bloom que veña ao seu despacho despois de clase, para falar do seu soño. As Winx queren saber máis das súas ás e se ten algo que ver coa lenda.

Avalon dá unha clase de confianza, e logo Tecna empeza a examinar as orixes de Avalon, e sae un libro que está en Alfea. Lockette ten un problema co seu vestido, e Chatta arránxao. Na biblioteca, Tecna atopa máis información de Avalon, e unha profecía. Ela e Digit están decididas a evitar que ocorra isto.

Tecna localiza Avalon no despacho, pero Digit tamén o ve paseando polo xardín. Tecna volve ver outro Avalon no corredor, e chama ás Pixies dicindo que Bloom está con Avalon e está en perigo.

Avalon fai dicir o seu nome a un elemento para saber os seus antepasados. Tecna óllao todo, e logo decide manter vixiado ao profesor. Tecna informa ás Winx todo o que sabe, e entón aparece Palladium informando que volveu a Alfea.

Nunha clase de Palladium, Bloom lembra que no ano anterior as fadas se portaban mal durante as súas clases. Pero este ano Palladium vai ensinar invocación máxica. Stella sae como voluntaria, pero Palladium asústaa e faio Amaryl.

Ela crea unha esfera, e Palladium di que o lance nunha diana. Pero ela lánzalla a Stella, e Palladium para a bóla e di a Amaryl que se volve facer isto será expulsada. Na biblioteca de Alfea, as Winx están reunidas analizando o que descubriron de Avalon e de destrucións de planetas. Faragonda envía á Pixie mensaxeira e di que o consulten con Griffin.

Tecna vai con Timmy a Torre de Nubes, mentres que Bloom se ofrece voluntaria nunha clase de Avalon. En Torre de Nubes, Griffin explica que sabe cando haberá outra aliñación de planetas, é pola noite. Digit di que espera que non sexa demasiado tarde.

Unha fada rompe a espada de Bloom porque a espada da outra fada, aínda que está estragada, é máis forte. Máis tarde, Bloom está estirada mentres que Avalon a prepara para descubrir o seu pasado. Bloom ten unha visión cunha canción da súa nai, e aparécelle un colgante co símbolo da súa familia.

Griffin observa que haberá unha aliñación, e as Pixies só teñen 10 minutos. Elas xúntanse coas Winx, pero Layla comunica ás Pixies que teñen que quedar.

Mentres Avalon está a durmir, os planetas van aliñándose. As Winx entran na súa habitación, pero Avalon está na ducha. Cando sae, atopa ás Winx. Elas transfórmanse e atacan Avalon. O profesor saca as súas ás, e as Winx ségueno. Tecna ataca Avalon, pero logo descobren que Avalon volveu á súa forma humana.

Os profesores están reunidos coas Winx, e Avalon explica que todo o que viron as Winx foron probas de Avalon e os outros profesores. Faragonda explica que o autor da lenda era un comediante, e que teñen que desculparse con Avalon por todo. E Avalon ponlles un exame de castigo. Ao final, Bloom está co colgante na herba, e pensa na súa nai.

Feitos importantes Editar

  • O profesor Palladium retorna cun novo penteado.
  • Revélanse os nomes dos pais biolóxicos de Bloom: Oritel e Marion.

Curiosidades Editar

  • Os planetas laterais dos tres planetas que se aliñan neste episodio, teñen a aparencia de Neptuno e Xúpiter.
  • No episodio 4 da tempada 5 (O libro do Sirenix) aparece un libro moi parecido co libro da profecía deste episodio.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou