FANDOM


O segredo do unicornio
Tempada 7, episodio 13
Winx169.png
Información do episodio
Número de episodio total 169
Data do trinque (Italia) 27 de setembro do 2015
Data do trinque (EUA) 21 de febreiro do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Il segreto delľunicorno
Nome en inglés (EUA) The Unicorn’s Secret
Sucesión de episodios
anterior
O animal máxico de Tecna
seguinte
O poder do Tynix
Lista de episodios

O segredo do unicornio é o episodio 13 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 169 en total. Estreouse o 27 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza nun bosque, onde un unicornio é atacado por algún monstro que había nun río infectado e o monstro toma o control do unicornio. En Gardenia, Stella está a ollar unha tenda de roupa, e Bloom está no seu coche. Bloom di que Roxy as está a esperar, e Stella sobe no coche.

No Parque de Rescate de Animais, as Winx fan a súa inauguración. Será un local onde coidarán de animais abandonados e feridos que contribúen os cidadáns de Gardenia. Unhas raparigas traen animais abandonados, e as Winx di que non se preocupen, elas encargaranse. As persoas fan un percorrido polo parque.

As Pixies tamén aparecen e queren demostrar ás Winx que as poden axudar. As Pixies tentan coidar dos tigres, pero elas causan máis caos do que son útiles. Bloom e Stella, chegan demasiado tarde, pero conseguen manter a orde e danlle ás Pixies unha nova tarefa, mentres arranxan a sucidade nos tigres.

Os animais de Roxy aparecen, porque resulta que acontece algo e terán unha misión. As Pixies queren vir, pero Bloom di que teñen que quedar e manter o control do parque. As Winx van con Roxy, e ela di que nas Montañas Qinling de China, os pandas están en perigo. As Winx transfórmanse, e van ata China. E Roxy detecta outro animal máis potente.

En China, unha rapariga chamada Mei Li está a facer movementos de baile asiático cos pandas, pero eles non o fan ben. As Winx chegan e ven esa rapariga que quere protexer os pandas. A rapariga ataca as Winx, pero as Winx di que queren axudar. E Stella di que os abanos se utilizan dunha maneira distinta.

As Winx tentan gañarse a confianza da rapariga. De súpeto, un unicornio flamexante chega e ataca a todos. As Winx tamén axudan coa protección dos pandas. O unicornio dispara aos pandas co seu corno, e collen as Winx e os pandas. Bloom e Mei Li son as únicas libres e diríxense a un lago con maxia salvaxe.

Mei Li preséntase e di que quere protexer os pandas, e fiarase das Winx. Bloom e Mei Li descobren que o unicornio bebeu do río, e por iso se transformou nun monstro. O unicornio chega e ataca Mei Li. No entanto, ela queda ferida e Bloom é a única que o pode controlar. Ela tenta enlazarse co unicornio para debilitalo e recuperar a súa forma.

Bloom enlázase co unicornio, e o unicornio é liberado. O resto das Winx e os pandas están libres de novo. O unicornio recupérase, e co seu corno cura Mei Li e despois pode limpar a maxia salvaxe do río contaminado. Os pandas están contentos, e deixan Mei Li. Ela despídese dos pandas e decide volver á súa aldea.

Feitos importantes Editar

  • Elas faise o animal máxico de Bloom.
  • Bloom fai unha nova amiga en China.

Curiosidades Editar

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou