FANDOM


O segredo escuro de Bloom
Tempada 1, episodio 14
Winx14.png
Información do episodio
Número de episodio total 14
Data do trinque (Italia) 27 de febreiro do 2004
Data do trinque (EUA) 18 de setembro do 2004
Nomes originais
Nome en italiano Il segreto di Bloom
Nome en inglés (EUA) Bloom’s Dark Secret
Sucesión de episodios
anterior
A filla do Fogo
seguinte
Honra por riba de todo
Lista de episodios

O segredo escuro de Bloom é o episodio 14 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 14 en total. Estreouse o 25 de febreiro do 2004 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Torre de Nubes, onde Griffin está a falar con Mirta, e outras bruxas están a lembrar a Lucy o que lle pasou no concurso de Miss Magix. En Alfea, Bloom está a facer un exame de Faragonda cunha flor e cuns obstáculos, e apróbao. Nun encontro con Brandon, ela explícalle que quere saber quen son os seus pais e algunhas respostas máis que están en Torre de Nubes, e el quere axudala a pesar dos perigos.

En Fonte Vermella, Timmy prepara Brandon para ir a Torre de Nubes. Sky preocúpase por el, e nese momento aparece Riven facendo espionaxe e informa Darcy. En Alfea, Bloom está na cama, e aparece Brandon escondido e despois de Bloom quitarse o pixama, eles dous van na súa misión.

En Torre de Nubes, Lucy está enfadada, e Mirta téntaa consolar dicindo que as Trix teñen a culpa, pero Lucy quere ser máis poderosa. Mirta preocúpase e quere vinganza porque a súa amiga está a cambiar. Ela sae fóra do castelo e comeza a facer algúns feitizos contra as Trix. Mirta descobre o plan das Trix, que queren enganar Bloom co seu pasado. Mirta disponse a axudar a Bloom sen coñecela.

Brandon e Bloom chegan ata Torre de Nubes, e atopan unhas nubes que comezan a derrubar a súa moto. Eles caen, pero sálvanse e entran no castelo. Grazas a un GPS de Timmy, atopan a biblioteca e uns libros que responden todo. Ela pregunta quen é en realidade, e aparecen unhas imaxes dunhas antigas bruxas, Domino e Bloom de bebé saíndo das bruxas. Bloom ponse triste e volta a Alfea.

En Alfea, Flora di a Stella que Bloom non está, e Tecna e Musa tampouco a atopan. Brandon dixen que el levou Bloom de volta, pero nunca entrou no edificio. No bosque, Bloom e Kiko espertan, e ela está desorientada. Bloom comeza a camiñar, e atopa Mirta, que lle di que as Trix a enganaron. Pero as tres bruxas aparecen e ponse a buscar Bloom, aínda que non están moi unidas como equipo.

As Winx, para buscar Bloom, transfórmanse. Flora pregunta á herba onde pode estar, e indican un camiño. Musa fai unha onda de son, e Tecna analiza os datos. Stella fai luz, e con isto comezan a busca. Mentres tanto, as Trix atopan Bloom e Mirta, e ponse a afrontalas cando aparecen as Winx. Darcy dáse conta que foi un truco de Mirta, e Icy conxela as dúas. Pero as verdadeiras Winx aparecen.

Stormy ataca ás Winx, e para salvalas Bloom transfórmase. Mirta lanza unha ilusión dun monstro, pero Icy fíxase no debuxo da cabaza da súa camisa e transforma a bruxa nunha cabaza. Bloom desencadea o seu poder do dragón, e Peppe está a loitar contra Kiko pero vaise con Icy.

Bloom di que ela gañou ás Trix, pero se preocupan por Mirta, convertida nunha cabaza cunha cara. Bloom volve para Alfea, e Flora di a Bloom que ten que descansar ben. Despois di a Mirta que ata que consigan combater o feitizo coidará dela, e di que é palabra de Winx.

Feitos importantes Editar

  • Mirta deixa Torre de Nubes.
  • Mirta coñece Bloom e as Winx.
  • Mirta é convertida nunha cabaza.
  • Mirta queda en Alfea.

Curiosidades Editar

  • Mirta non ten os seus pantalóns vermellos cando ela sae atrás da árbore cando Bloom a atopa.
  • Cando Bloom pasa o seu exame, as mangas de Faragonda faltan.
  • Os pantalóns de Musa ​​transfórmanse en rosa nunha escena.
  • Kiko non foi con Bloom e Brandon a Torre de Nubes, pero el apareceu no bosque con Bloom despois de deixar o castelo.
  • Cando Stella se prepara para lanzar o seu feitizo, as mangas de Tecna faltan.
  • Cando Icy vai lanzar un feitizo para transformar Mirta nunha cabaza, as mangas de Flora faltan.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou