FANDOM


O tótem máxico
Tempada 6, episodio 18
Winx148.png
Información do episodio
Número de episodio total 148
Data do trinque (Italia) 1 de agosto do 2014
Data do trinque (EUA) 21 de xaneiro do 2015
Nomes originais
Nome en italiano Il totem magico
Nome en inglés (EUA) The Magical Totem
Sucesión de episodios
anterior
A maldición de Fearwood
seguinte
Raíña por un día
Lista de episodios

O tótem máxico é o episodio 18 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 148 en total. Estreouse o 1 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza con Selina, Stormy e Darcy que están a observar as Winx e os Especialistas que están encurralados polos lobishomes, e están a velo nunha bóla de cristal. Darcy di que eles non ten opcións de gañar, despois Stormy di que Selina mostre Icy. Darcy incomódase con isto e Stormy di que prefire ver a raíña do xeo en acción e Selina mostra Icy, Helia e Flora. Stormy di que Icy ten que estar a gozar mentres Flora está a voar ata Icy e Helia. Ela di a Helia que está a vir e Icy di aos renos que teñen que ir máis rápido, despois pregúntalle se era o mellor que Flora podía facer e Flora di que non ten medo de Icy e que nunca lle terá medo. Icy di a Flora que aforre isto e non se esqueza, que ela está no seu reino e que todo alí está baixo o seu control.

Flora olla preocupada cando Icy lanza cristais de xeo no chan e fai que aparezan pedras de xeo xigantes no chan e di que ela pode facer o que quixer, que ela aguantará e despois ataca unha das pedras e di que mentres ela estiver con Helia, non parará. Icy entón pregunta se é correcto, e entón tenta atacar Flora pero ela desvía o ataque e ve o tótem. Ela entón manda aos renos que recúen e lanza un ataque na dirección de Flora. Flora escóndese atrás dunha pedra de xeo e decátase que Icy está a ir alí, e sae da pedra de xeo. Despois di que está a sentir frío e Icy di que ten que acostumarse, as súas ás conxélanse e Icy di que ela e Helia quedarán atrapados no mundo do Legendarium para sempre, cando de súpeto as ás de Flora se desconxelan.

Flora entón di que se cadra non poderá derreter todo aquel xeo pero pode deter Icy. Ela entón lanza un feitizo nos renos que antes estaban conxeladas e fai que elas volvan á normalidade. Flora dilles que teñen que fuxir e que agora son libres. Entón os renos foxen facendo que a zorra de Icy caia e Helia cae da zorra. Icy di aos renos que volvan con ela e que é unha orde, mentres ela fala cos renos e Flora crea unha burbulla e fai que Helia quede no chan seguro e preto do tótem. Flora entón vai ata Helia e transpórtase ela, o seu noivo e o tótem de volta ao mundo real coa súa variña, deixando Icy soa.

As Winx e os Especialistas están a loitar contra os lobishomes, Bloom lémbralles que non poden destruír os lobishomes porque son só homes e mulleres inocentes. Nex entón di que é mellor esperar que o feitizo acabe. Layla entón pregunta se terán que esperar ata que o sol saia que é cando o feitizo acabará. O equipo comeza a quedar encurralado polos lobishomes, máis de súpeto Flora retorna co tótem e con Helia. As Winx alégranse e Daphne di que agora poden curar os habitantes de Fearwood co tótem. Despois que os habitantes volven á normalidade por causa da maxia do tótem, Bloom dille a Flora que está feliz porque volveu ben, pero Flora di que Helia aínda está conxelado.

Bloom entón pregunta a Flora se ela ten algún feitizo que faga que Helia volva á normalidade, Flora entón lémbrase do feitizo que usou para facer que os renos volvesen á normalidade e fai que a súa variña apareza, e pon o feitizo en Helia que o desconxela. Flora abraza o seu noivo, pero el interrompe o abrazo e pregúntalle por que ela está a abrazarlle, e que o está a deixar avergoñado. Ela entón non entende por que Helia lle dixo iso cando chega un habitante que é o alcalde e agradécelles dicindo que grazas a eles o feitizo acabou e todos eles agradecen ás Winx polo que fixeron.

Na aldea de Fearwood, están a facer unha festa. Thoren está a competir só contra Roy, Timmy e Brandon mentres Daphne observa todo, e Thoren vence os tres especialistas mentres as Winx con excepción de Flora están a competir nunha carreira de sacos e Layla e Bloom están a gañar, pero elas caen unha na outra e caen facendo que Stella gañe a carreira, e ela entón crea bólas flutuantes no ar e coloca vendas nos ollos de Layla. Bloom e Tecna collen estacas nas súas mans e Stella dilles que tenten acertar unha das bólas e que dentro de cada unha hai unha sorpresa. Layla entón di que isto non ten graza, mentres tenta suxeitar unha bóla. Stella move as bólas e os habitantes comezan a rir. Despois Riven di que esta broma non ten sentido, e Musa pregúntalle se é verdade e ela crea vendas nos ollos del e de Helia e pon estacas nas súas mans e bóla para que eles xoguen tamén.

Mentres tentan estourar, Musa di que non é tan ridículo agora, mentres Stella move as bólas. Entón aínda están a tentar estourar as bólas, pero Helia dille a Riven que era máis difícil do que ela pensaba. Riven incomódase co comentario de Helia e enfádase, e Helia di que el só ten que relaxarse máis. Despois Tecna estoura unha bóla e as tres Winx transfórmanse en pequenos animais. Stella entón dilles que é unha “sorpresa” e di que despois dalgúns minutos elas volverán á normalidade, e di que é polo menos o que ela espera. As tres entón óllanse e corren para onde ocorreu a carreira dos sacos e os habitantes rin de novo e corren ata onde están Helia e Riven que aínda están a discutir.

Riven di que está feliz porque volveu mas que non se faga o heroe, e Helia responde que non se meta niso. Flora vaise triste, e Musa séguea e pregúntalle o motivo de por que está triste, e ela pregunta se viu como Helia está a comportarse e di que ten a certeza que Icy fixo algunha cousa nel. Musa entón fai que Flora ouza unha canción que a súa nai lle tocaba, facendo que ela se calme. As dúas Winx sorrín mentres Helia e Riven están a loitar coas estacas, Sky entón vén interferir na loita pero non o consegue, e Riven dille que non se preocupen e que só están a relaxarse un pouco. Helia entón responde que é o que el pensa, entón aparecen mentres están a correr e Flora tenta interferir na loita pero Helia dille que saia de alí.

Flora olla a Helia con dúbida de por que dixo isto, Brandon entón di que xa chegou a hora de terminar a loita e vai con Timmy ata Helia, e os dous suxéitano. El tenta soltarse e Stella fai que as estacas desaparezan e as outras tres Winx volven á normalidade. Layla entón imita o son que estaba a facer antes e despois pregunta que pasa con Helia, e se fixeron algunha cousa as Trix con el. Daphne pescuda Flora e descobre que hai un fragmento no seu corazón e foi Icy quen lle conxelou o corazón, e Bloom di que lle tentará derreter o xeo do seu corazón coa súa Chama do Dragón. Pero Daphne di que non pode derretelo así, e teñen que atopar un xeito de derretelo ou conxelarase todo o seu corpo.

Icy vén atacar ás Winx e conxela toda a aldea e algunhas persoas. As Winx transfórmanse en Bloomix e Daphne en Sirenix. As Winx loitan contra Icy e tentan protexer a aldea, pero Icy aínda está a atacar. Flora vai loitar soa contra Icy, e entón Icy conxela as ás a Flora, e cae ao chan. Pero un ramo sálvaa, e Flora di que salvará Helia. Bloom ataca Icy, pero Icy é máis forte porque é a raíña da neve. Flora di aos elementos da natureza que a escoiten, e Flora consegue ter forza de novo. Flora ataca Icy, e cos seus poderes consegue salvar a aldea e derreter o xeo do corazón de Helia. Eldora aparece e di que teñen que facer a chave do Legendarium, e precisan da Lanza de Prata. As fadas van co tótem onde está a Lanza de Prata, e con todos os elementos as Winx crean a chave do Legendarium. Icy volve coas Trix e está moi enfadada porque estaba moito preto de gañar. As outras Trix din que o Legendarium quedará en Torre de Nubes. Selina di que ten que pensar nunha cousa para liberar Acheron. Na aldea, as Winx din que teñen que gozar da vitoria e comezan a esquiar xunto cos Especialistas. Eldora únese a eles.

Feitos importantes Editar

  • Flora derrota Icy e quita a maldición sobre o corazón de Helia.
  • As Winx atopan a Lanza de Prata.
  • As Winx crean a chave do Legendarium.

Curiosidades Editar

  • Cando Daphne está a transformarse en Sirenix, ela está vestida como princesa, aínda que ela neste episodio estaba con roupa de frío.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou