Wiki Winx Club
Advertisement

Os dons do destino é o episodio 20 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 98 en total. Estreouse o 30 de outubro do 2009 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza nos alxubes do castelo de Diana, onde os Especialistas, Flora, Layla e Musa están capturados. Diana sente que as outras fadas se puxeron en contacto coa flor do poder de Diana. Mentres tanto, Bloom quere protexer a flor para que a natureza non sexa destruída.

As fadas guerreiras chegan para capturar as outras Winx, e Diana fai que a natureza atrape as tres Winx. As fadas guerreiras entran e deixan inconsciente ás tres Winx. Mentres tanto, un home vai nun coche e non cre nas fadas, e el pensa que son os nativos os que están detrás disto.

Bloom atópase con Sky, e informan que todos están ben menos Nabu. As Winx propoñen facer unha converxencia co Sophix, e logran escapar. Bloom cura Nabu cos seus poderes de curación, e entón aparece Diana. Pero Diana está débil porque os humanos están a cortar árbores.

Nabu distrae as gardiás e as Winx usan unha converxencia, co que as Winx e os Especialistas logran saír dos alxubes. Diana quere deter os humanos, pero continúan a cortar árbores e Diana está a volverse débil. As Winx chegan cos humanos, e os humanos non cren nada de fadas.

Bloom cura Diana, mentres os Especialistas loitan contra os humanos. As Winx din que teñen que evitar que a flor co poder da natureza morra, e usan unha converxencia Sophix para salvar a flor. Diana dáse conta que en realidade son aliadas, e deixa a vinganza contra os humanos. E os nativos da selva deteñen os homes que cortan as árbores.

Diana di que protexerá a selva e os nativos, e quita toda a selva que cubría Gardenia. As Winx están a falar cos seus noivos, e entón aparecen as fadas etéreas que queren dar ás Winx o segundo dos dons do destino, o Lovix. Este é o don do corazón, e servirá para a próxima misión.

As Winx chegan con Roxy, e ela informa que fixeron unha festa na habitación de Stella. Roxy vaise ao bar Frutti Music co seu pai, e logo van as Winx. No bar Frutti Music, Stella está enfadada pola festa, e Musa cre que Riven cambiou. E Bloom está preocupada polo que pasará.

Riven di a Musa que a quere, e está a tentar cambiar para que Musa estea con el. Musa perdoa Riven e volven ser noivos. Faragonda di ás Winx que as fadas etéreas sempre confiaron nelas, e as Winx din que as fadas etéreas lles deron outro don. Faragonda di que Morgana aínda quererá vinganza, e confía nelas para que consigan cumprir esta misión.

Feitos importantes[]

  • As Winx convencen Diana a deixar a vinganza.
  • Gardenia é liberada da súa prisión do bosque.
  • Musa e Riven volven estar xuntos.

Curiosidades[]

  • Este episodio é o fin dunha historia que durou tres episodios.

Galería[]

Advertisement