FANDOM


Os fillos da noite
Tempada 6, episodio 12
Winx142.png
Información do episodio
Número de episodio total 142
Data do trinque (Italia) 24 de marzo do 2014
Data do trinque (EUA) 17 de maio do 2014
Nomes originais
Nome en italiano I figli della notte
Nome en inglés (EUA) Shimmer in the Shadows
Sucesión de episodios
anterior
Soños rotos
seguinte
A fada madriña
Lista de episodios

Os fillos da noite é o episodio 12 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 142 en total. Estreouse o 24 de marzo do 2014 en Italia.

Argumento Editar

A seguir co episodio anterior, as Trix ollan o que acontece en Gardenia. Selina ordena aos Fillos da Noite e os seus escravos que vaian á casa de Bloom. Mike e Vanessa van comprobar como está Bloom, pero son tomados por sorpresa ao ver Bloom entrar voando pola porta principal coas Pixies.

Rapidamente fechan a porta e as Pixies fan o mesmo coas outras posibles entradas na casa. Mike e Vanessa están confundidos canto ao que está a acontecer, e Bloom explícalles rapidamente que a cidade está a ser invadida por vampiros. Ao pouco tempo, a casa queda rodeada deles.

Un deles consegue entrar na vivenda de Bloom, pero é expulsado rapidamente. Bloom ten un plan para levalos lonxe da casa e a cidade de modo xeral para evitar que calquera outra persoa poida converterse nos seus escravos e Lockette teletransporta ela e Bloom fóra da casa.

Ao conseguir chamar a atención dos vampiros, Bloom e as Pixies lévanos lonxe, e nun bosque continúan a loitar contra eles. Cando parecía que ían perder, o resto das Winx aparecen e conseguen repeler os vampiros. Bloom e as Pixies están felices de velas de novo, e Flora comunica os seus achados sobre a flor. Bloom dille onde atopala grazas ao seu propio descubrimento.

Mentres están a buscar a flor, Stella olla o bosque, e Bloom responde que este era o local onde a coñeceu cando ela estaba a loitar contra Knut hai 9 anos. Stella lémbrao, e a seguir, Bloom descúlpase por fuxir e comprométese a quedar con elas xa que ela non pode imaxinar como sería a súa vida sen elas.

Tecna entón lembra aos demais que os vampiros seguen en liberdade, e Bloom contacta con Daphne para que lle diga que teñen que facer a seguir. Ela di que poderán derrotar os vampiros coa luz do Sol. Musa argumenta que non poden esperar a que a luz do Sol saia porque podería ser demasiado tarde, aínda que Stella lembra a todas que ela é o fada do Sol brillante.

As raparigas camiñan pola rúa, Layla elixe un local para esconderse co fin de non chamar demasiada atención. Stella converte Bloom nunha vasoira, o que a enfurece. Ela di a Stella que a roupa normal será suficiente por agora. Continúan e ambas van ata un concurso de moda gótica que ten local na praza. Stella quere entrar, pero Bloom dille que non teñen tempo para isto.

Amore detecta os vampiros preto, e todos eles ábrense en abano para buscalas. Mentres tanto, Stella quere rexistrarse no concurso de todos os xeitos. As outras raparigas son encurraladas polos vampiros reais tras ser rodeadas polos escravos. Non demoran en quedar atrapadas e perder a súa enerxía.

Os vampiros lévanas ao seu agocho e queren roubarlles a súa enerxía. Stella, mentres tanto, está a tentar atopar a maneira de encher certas partes da petición tendo en conta que non é da Terra, e asústase cando ve os vampiros voando coas súas amigas inconscientes.

Ela queda rodeada polos escravos, quen lle impiden transformarse. As Pixies veñen rapidamente á súa defensa e atinxen aos escravos. Con eles fóra, Stella finalmente transfórmase e vai coas Pixies para atopar os vampiros. Stella e as Pixies voan ata unha mansión abandonada no medio dun bosque como gorida dos vampiros.

No interior, Bloom, Flora, Musa, Tecna e Layla son postas nunhas estruturas, onde os vampiros planean roubarlles a súa enerxía completamente. Bloom é a primeira na lista, e Stella vai parar aos vampiros. Pero todos os vampiros xa tiñan quedado co poder das fadas, polo que son moito máis fortes que antes. Ata un deles posúe Chatta e Amore, e o vampiro pide ás dúas que vixíen as Winx nas estruturas.

Stella entón usa o seu poder do sol de Solaria, e efectivamente, crea a luz do Sol nunha área concentrada pechada. Os vampiros desintégranse inmediatamente, e as outras Winx son liberadas da súa escravitude. Os humanos posuídos son liberados tamén do seu control mental. As raparigas abandonan a mansión, e Stella entra en pánico, lembrando o desfile de moda gótica no que se inscribiu. Bloom e as demais asegúranlle que aínda teñen tempo e corren ao desfile.

En Torre de Nubes, as Trix ven as Winx e enfurécense cos acontecementos. Selina promete que o seu próximo ataque será aínda mellor, e Icy advírtelle que polo seu ben ten que ser mellor. Na Terra, o desfile de moda gótica xa acaba, Stella fai rapidamente un feitizo da moda nas outras Winx, pero entra en pánico cunha araña e revérteo.

Stella tenta colocar de novo outras roupas para as raparigas, e ela e as Winx camiñan pola plataforma cos seus novos traxes, aos que Stella chama “Un brillo na escuridade”, polo que ao final as Winx gañan o concurso. E Stella dá o trofeo a Bloom porque ela volveu coas Winx e está feliz.

Feitos importantes Editar

  • O resto das Winx (excepto Bloom) van a Gardenia para salvar Bloom e as Pixies.
  • Os Fillos da Noite secuestran as Winx (menos Stella).
  • Stella derrota os Fillos da Noite e salva o resto das Winx.
  • Stella gaña o desfile de moda gótica.

Curiosidades Editar

  • Varios cidadáns de Gardenia fixeron participacións especiais neste episodio, incluíndo Mitzi, Sally, Dharma e Andy. Un home moi parecido con Ogron tamén apareceu.
  • Durante o desfile de moda gótica, cando Stella fixo a creación dunha roupa para o desfile de moda, o cabelo de Stella ten a flor de Eldora, pero ela debería ter a flor no próximo episodio.
  • Cando as Winx están a reconciliarse, as ás de Tecna faltan.
  • Este episodio foi ao ar nos EUA como parte da maratón de maxia online.
  • Na vida real había un filme que se chamaba Os fillos da medianoite, e este episodio é unha versión dese filme.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou