FANDOM


Os problemas do amor
Tempada 5, episodio 20
Winx124.png
Información do episodio
Número de episodio total 124
Data do trinque (Italia) 16 de abril do 2013
Data do trinque (EUA) 31 de marzo do 2013
Nomes originais
Nome en italiano Problemi sentimentali
Nome en inglés (EUA) The Problems of Love
Sucesión de episodios
anterior
A canción das baleas
seguinte
Un encontro perfecto
Lista de episodios

Os problemas do amor é o episodio 20 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 124 en total. Estreouse o 16 de abril do 2013 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza no Océano Infinito, onde as Winx disponse a atacar Tritannus e as Trix. Pero Darcy e Stormy teñen baixo o seu control as baleas cantantes. Icy di a Darcy e Stormy que nunca abandonará Tritannus, e as baleas disponse a atacar as Winx.

As Winx non poden aguantar o canto das baleas enfeitizadas, pero Musa di ás Winx que non ataquen as baleas porque ten unha idea. Tritannus vaise para poñer o segundo selo no trono do emperador, e Musa activa o seu feitizo da voz do Sirenix, e rompe o feitizo das baleas cantantes.

As Winx van á columna do equilibrio para salvar os planetas. As Winx usan unha converxencia Sirenix para estabilizar a columna do equilibrio, e nos planetas os terremotos cesan. En Melodía, as Winx chegan co iate ata a casa de Musa, onde ela di ao seu pai que cantou ás baleas a canción da súa nai para romper o feitizo.

En Alfea, Faragonda di ás Winx que a Tritannus só lle falta un selo para gobernar a dimensión máxica, e por iso teñen que facer adestramentos. Na habitación, Stella fala con Brandon, e Layla di a Tecna que tería que falar con Timmy en persoa. Musa pensa na moza que estaba con Riven.

Bloom preocúpase por Sky, e en Eraklyon, Sky quere chamar Bloom pero Diaspro di a Sky que ten que ir á reunión que fará o seu pai. Diaspro di que Sky antepuxo o seu pai a Bloom. Entón Diaspro chama Bloom, dicindo que se ela quixer falar con Sky primeiro ten que falar con ela.

Bloom chama Sky, pero Sky está a facer unha reunión. Bloom volve chamar Sky, e a nai de Sky di que responda á chamada. Pero Bloom xa deixou de chamar, e ponse a chorar. A gardiá do Sirenix de Bloom aparece, e di que ten que confiar en Sky. Flora di a Bloom que Sky lle deu o colgante de Eraklyon para demostrar o que sente por ela.

Palladium di ás Winx que teñen que entrar nun mundo máxico, e os seus poderes diminuirán. As Winx pasan por un portal e entran neste mundo máxico. Alí son atacados por uns paxaros, e as Winx escóndense. As Winx atopan un polen que anula a gravidade, e soben a unha parte máis alta.

Stella pon a Flora un vestido de pétalos vermellos, pero un paxaro cre que Flora é comida e cóllea nas súas patas. As Winx soben noutros paxaros, e Stella lanza pétalos vermellos, co que o paxaro vermello deixa caer a Flora. Stella logra salvar Flora co seu paxaro, e Flora dá as grazas a Stella. As Winx continúan a voar cos seus paxaros amarelos.

No Océano Infinito, Tritannus coloca o selo da columna do equilibrio no trono do emperador, pero é atacado por un raio e volve ao seu aspecto normal. Tritannus di que precisa de máis petróleo, e Darcy e Stormy planean traizoar Tritannus e ser elas as gobernadoras do Océano Infinito e da dimensión máxica.

Feitos importantes Editar

  • Musa libera as baleas cantantes co seu feitizo da voz do Sirenix.
  • Tritannus activa o segundo selo e ten que reabastecerse porque o selo drenou a súa forza.
  • Diaspro interponse entre Bloom e Sky.
  • As Winx comezan un exercicio de adestramento.
  • Darcy e Stormy planean traizoar Tritannus.

Curiosidades Editar

  • Esta é a primeira vez que unha gardiá Sirenix sae para encargarse dunha situación que non envolve as xemas ou as columnas, neste caso, para confortar Bloom sobre os seus problemas do amor.
  • Este é o primeiro episodio da tempada 5 onde as Winx non se transforman.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou