FANDOM


Os trucos das Trix
Tempada 5, episodio 11
Winx115.png
Información do episodio
Número de episodio total 115
Data do trinque (Italia) 30 de outubro do 2012
Data do trinque (EUA) 11 de novembro do 2012
Nomes originais
Nome en italiano Le Trix in agguato
Nome en inglés (EUA) Trix Tricks
Sucesión de episodios
anterior
Nadal en Alfea
seguinte
Proba de coraxe
Lista de episodios

Os trucos das Trix é o episodio 11 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 115 en total. Estreouse o 30 de outubro do 2012 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza na cova de Daphne, onde as Trix están a torturar Daphne para que diga a Tritannus como pode conseguir o Sirenix. As Trix din que falaría para salvar a súa irmá, Bloom. En Alfea, está a realizarse unha competición de motos cos Especialistas.

Sky non lembra nada, e Bloom di que era o mellor motorista de Fonte Vermella, e demóstralle que ten reflexos. Sky empeza a facer a competición, e as Trix aparecen en Alfea invisibles. Flora vai falar con Helia, e as Trix interrompen Flora. As Trix descobren que Kiko pode velas, e poñen un feitizo sobre o coello para evitar ser descubertas.

Bloom atopa o libro do Sirenix, que di outro enigma. Bloom comunícallo ás outras Winx, e Flora pensa que a próxima proba está no seu planeta, Linphea. Bloom pensa en Sky, e entón as Trix atacan ás motos, e convértense nuns monstros. Tecna, Layla e Bloom transfórmanse, mentres Stella, Flora e Musa van a Linphea.

Os directores de Fonte Vermella e Alfea empezan a loitar, mentres nos océanos Tritannus absorbe o poder de Desiree, a Selkie de Linphea. Tritannus entra en Linphea, e Desiree tamén. Tritannus infecta o océano de petróleo, mentres na superficie, Stella está a conducir o iate das Winx e non sabe conducir ben.

As tres Winx chegan a un sitio onde teñen que mergullarse, e transfórmanse. Dúas Selkies, Illiris e Sonna, van coas súas Winx enlazadas e din que non atopan Desiree. As Winx e as Selkies atopan Desiree, e Flora enlázase con ela. Desiree di que hai plantas carnívoras na parte inferior do océano.

Os Especialistas e as outras tres Winx loitan contra os monstros, e Sky di que ten un plan. Bloom ponse na gaiola de lume, e Sky leva Bloom coa súa moto e logran facer que as motos volvan á normalidade. No océano de Linphea, as Winx atopan a flor das profundidades, que só responde ao valor.

As Winx entran, pero atopan que Tritannus transformou a flor nunha planta carnívora, que ataca ás Winx. En Alfea, Saladino dá o primeiro premio a Sky. Bloom alégrase, e Sky propón facer un paseo. As Trix deciden atacar á parella cando saíren da escola.

Flora logra curar a flor das profundidades, e empeza a moverse cunha pauta. Flora pregúntallo á súa gardiá do Sirenix, e ela di que teñen que pasar unha última proba co libro do Sirenix. Sky e Bloom son atacados polas Trix, e elas disponse a atacar a parella.

Layla e Tecna preocúpanse porque Bloom non responde á súa chamada, e as Trix conxelan os pés a Sky. As Trix disponse a destruír Sky, e Bloom ponse no medio e recibe o ataque. Entón aparecen as outras Winx, e empezan unha batalla contra as Trix. As Winx gañan, e as Trix vanse.

Sky preocúpase por se non recupera a memoria, e Bloom di que está disposta a esquecer o pasado e ollar cara ao futuro. As Winx escoitaron todo, e din a Bloom que só falta unha proba. Tritannus está enfadada porque non poderán conseguir que Daphne fale, e Icy convence Tritannus para que teña outra oportunidade.

Feitos importantes Editar

  • Flora enlázase coa Selkie de Linphea, Desiree.
  • Sky recupera máis da súa memoria.

Curiosidades Editar

  • É mostrada a falta da habilidade de Stella ao tentar conducir o Explorador dos Mares. No episodio 8 da tempada 4 (O Círculo Branco), ela conducía tan mal un vehículo que Layla tivo que conducir aquel vehículo no seu lugar.
  • Esta é a segunda vez que Linphea é mostrada, a primeira é no episodio 12 da tempada 3 (As bágoas do salgueiro negro).
  • Todos os feitizos Harmonix coñecidos foron utilizados neste episodio.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou