FANDOM


Perigo nas Terras Salvaxes
Tempada 2, episodio 22
Winx48.png
Información do episodio
Número de episodio total 48
Data do trinque (Italia) 30 de xuño do 2005
Data do trinque (EUA) 25 de febreiro do 2006
Nomes originais
Nome en italiano Wildland: La grande trappola
Nome en inglés (EUA) Danger in the Wildland
Sucesión de episodios
anterior
O poder Charmix
seguinte
O momento da verdade
Lista de episodios

Perigo nas Terras Salvaxes é o episodio 22 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 48 en total. Estreouse o 30 de xuño do 2005 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza nas Terras Salvaxes, onde as Winx foron acurraladas polos monstros das Trix. Timmy ten unha idea, aínda que Tecna non lle fai moito caso. Brandon di que lle fagan caso, e Riven di aos outros que se dean présa. Eles volven á rede, e os monstros quedan atrapados pola trampa das Trix.

Layla queda acurralada, e cae do precipicio. Ela atópase nun canón sen saída, pero o resto do equipo non se deu conta da súa ausencia. As Trix liberan aos monstros e envían máis monstros coas Trix.

Piff dáse conta que Layla non está, e coa axuda de Lockette chegan ao bordo do precipicio. Bloom ponse a baixar coas Pixies polo precipicio, e o resto do equipo prepara un campamento basee e unhas trampas.

Layla segue camiñando, e cáese desmaiada. Cando esperta, lembra que non está Piff. Musa espía ás Trix, e logo informa aos outros que as Trix queren Bloom. Os monstros chegan, e o equipo prepárase.

Stella e Musa transfórmanse e activan o Charmix, e fan que o río inunde o exército das Trix e o tres bruxas caen á auga. Elas saen da auga e disponse a volver atacar ao equipo.

Layla atópase nunha cova, e preocúpase porque está soa e porque as súas amigas están a pelexar e ela está atrapada polos seus medos. Entón obtén o seu Charmix e transfórmase, e logra saír da cova. Entón atopa a Bloom e as Pixies.

Un monstro voador ataca a Stella, e Brandon sóbese nel. Timmy dispara coa pistola, e Brandon mete ao monstro uns froitos encantados que fan que solte a Stella. Brandon segue sobre o monstro e Stella queda no chan.

As Trix e os seus monstros queren destruír a cabana, pero antes queren atacar Timmy. Sky ponse a atacar ás Trix, pero elas continúan a perseguir Timmy. Riven prepara unha trampa que captura as Trix.

As Trix libéranse e continúan a atacar, e ao final métense na cabana pero é unha trampa e Icy queda atrapada. Entón veñen as outras Trix e disponse a atacar Sky e Timmy.

Cando todo parecen que será o fin, vén unha nave con Helia e ataca ás Trix. Pero Timmy está preocupado, e Tecna di que se equivocou en xulgalo por cousas superficiais, e obtén o seu Charmix.

As Pixies quedaron enfermas porque respiraron algo velenoso cando buscaban con Bloom a Layla. Sky di que as vacacións terminaron, aínda que Helia quere quedar. O equipo volve a Alfea coa nave, e Tecna di a Flora que algún día terá que dicir a Helia o que sente por el.

Feitos importantes Editar

  • Layla recibe o seu Charmix.
  • Tecna recibe o seu Charmix.

Curiosidades Editar

  • Neste episodio, Layla ve unha silueta da bailarina da súa infancia e de Piff.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou