FANDOM


Prisioneira de Darkar
Tempada 2, episodio 24
Winx50.png
Información do episodio
Número de episodio total 50
Data do trinque (Italia) 7 de xullo do 2005
Data do trinque (EUA) 4 de marzo do 2006
Nomes originais
Nome en italiano Prigioniera di Darkar
Nome en inglés (EUA) Darkar’s Prisoner
Sucesión de episodios
anterior
O momento da verdade
seguinte
Fronte a fronte co inimigo
Lista de episodios

Prisioneira de Darkar é o episodio 24 da tempada 2 da serie Winx Club e o episodio 50 en total. Estreouse o 7 de xullo do 2005 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde as Pixies queren acompañar as Winx e os Especialistas a rescatar a Bloom. No castelo de Lord Darkar, o falso Avalon está a asustar Bloom, que está atada. Lord Darkar di que cando converter Bloom en Dark Bloom, poderá usar o poder do Códice.

A nave de Fonte Vermella non pode pasar polas covas, pero Sky di que Brandon podería pedir a Amentia un favor. Faragonda di que Sky e Brandon teñen que ver Amentia mentres o resto entra nas covas. Lord Darkar viuno todo, e envía os seus monstros para evitar que o equipo entre no seu castelo.

Layla, Sky e Brandon chegan, e atópanse cos monstros. Pero logran entrar na cova, e chegan ata Grutas Profundas. Alí atópanse cun garda, e Brandon pide unha audiencia con Amentia. Para falar con Amentia teñen que poñerse plumas dun insecto, pero o insecto vólvese un monstro e teñen que correr. Ao final logran escapar.

Faragonda di que preparará unha sorpresa para Lord Darkar. O resto do equipo chega ao sitio onde entraron Layla, Sky e Brandon. As Trix tamén chegan para atacar ao equipo.

Layla, Sky e Brandon chegan con Amentia, e pídenlle que lles preste como axuda o triturador. Entón Amentia di que Sky e Brandon teñen que loitar contra ela para probar se son guerreiros auténticos.

A nave chega, pero as Trix atacan á nave. Stella sabe que vén das Trix, e Tecna transfórmase para conectarse co computador da nave. Lord Darkar quere converter Bloom en Dark Bloom mediante o clon de Avalon.

Icy conxela unha pedra e Flora transfórmase para atacar ás Trix. Flora crea unhas raíces para deter a caída do xeo, pero Icy enterra á nave baixo neve.

Brandon loita contra Amentia e Sky contra un garda, e parece que os Especialistas perden. Pero ao final Sky lanza ao garda sobre Amentia, e Amentia cre que Brandon gañou. Entón Amentia di que axudará os humanos e declara a guerra a Lord Darkar.

Na nave, o equipo ten frío, e Stella transfórmase para atacar e activa o seu Charmix. Entón fai que o xeo se derreta, pero as raíces tamén se queimaron. Entón a nave escapa, e Sky e Brandon chegan co triturador. Mentres tanto, Lord Darkar converte a Bloom en Dark Bloom.

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

  • A man das persoas de Grutas Profundas como Amentia teñen os dedos medio, anular e maimiño xuntos nun dedo grande.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou