FANDOM


Proba de coraxe
Tempada 5, episodio 12
Winx116.png
Información do episodio
Número de episodio total 116
Data do trinque (Italia) 1 de novembro do 2012
Data do trinque (EUA) 18 de novembro do 2012
Nomes originais
Nome en italiano Proba di coraggio
Nome en inglés (EUA) Test of Courage
Sucesión de episodios
anterior
Os trucos das Trix
seguinte
Fadas Sirenix
Lista de episodios

Proba de coraxe é o episodio 12 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 116 en total. Estreouse o 1 de novembro do 2012 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde Tecna e Musa quedaron e as outras Winx están nunha cerimonia de Domino. O libro do Sirenix aparece na habitación de Musa e Tecna, e dá outro enigma dun Arrecife Amarelo. Musa preocúpase porque só faltan dous días para poder terminar a súa procura.

Tecna pregunta á súa gardiá do Sirenix onde está o Arrecife Amarelo, e descobren que está en Domino. No palacio de Domino, Sky e Bloom entran na sala principal, e Bloom di a Sky que el salvou o planeta cunha espada. Pero Sky non o lembra. Os pais de Bloom, Oritel e Marion, chegan con Bloom e Sky.

Tritannus e as Trix continúan a torturar Daphne, e Icy propón atacar Domino e os seus pais para que Daphne fale. Mentres tanto, Stella pon uns vestidos ás Winx para a cerimonia de Domino. Stella recibe unha chamada de Tecna e Musa, que din que a última xema está en Domino. Bloom di aos seus pais que teñen que irse, e as Winx vanse.

As Selkies din que a gardiá de Domino, Serena, será a próxima en ser atacada por Tritannus. Unha Selkie ve no fondo do océano o colgante de Eraklyon, e recólleo para preguntar a Flora a quen pertence. As Selkies localizan Serena, e entón aparece Tritannus, ataca as Selkies e rouba os poderes de Serena. Entón entra en Domino.

As Winx chegan co seu iate ao Arrecife Amarelo, transfórmanse e mergúllanse. As Winx atópanse coas Selkies, e dinlles que Serena está ferida. As Winx reúnense con Serena, e Bloom enlázase con ela. Desiree dá a Flora o colgante de Eraklyon, que Flora o recoñece.

No palacio de Domino, os pais de Bloom están a lembrar o que fixo Sky, ata que aparecen as Trix e empezan a atacar. Darcy fai que os gardas loiten contra eles mesmos, e din aos pais de Bloom que se rendan. As Winx están debaixo da auga, e son atacadas por un coral transformado por Tritannus.

Oritel, Marion e Sky empezan a loitar contra as Trix, mentres que as Winx son atacadas polo coral. As Winx atopan a orixe da contaminación do coral, e Bloom consegue que o coral volva á normalidade. Entón aparece a xema do valor, pero está dentro da boca dun monstro.

Oritel e Marion loitan contra as Trix, e entón elas crean unha ilusión en Marion para que crea que Oritel foi capturado, e Marion réndese. Pero é Darcy, e as Trix logran capturar Oritel e Marion e convértenos en estatuas de xeo. No océano, as Winx loitan contra o monstro que ten a xema do valor.

As Winx pensan que teñen que probar que son valentes, e Bloom métese na boca do monstro. Entón o monstro explota e Bloom logra obter a xema do valor. As Winx colocan a xema do valor nas súas caixas Sirenix, e acabaron a procura do tres xemas, co que poderán obter o Sirenix.

Sky atopa que as Trix conxelaron os pais de Bloom e Daphne, pero as Trix déixano inconsciente. Icy di que Daphne destruirá os seus pais se non revelar como obter o Sirenix. Daphne acepta revelalo, e Sky esperta e descobre que Tritannus ten Daphne. As Trix van destruír Oritel e Marion, pero Sky loita contra as Trix coa espada.

As Winx aparecen, e Bloom descobre os seus pais que están conxelados. As Trix atacan as Winx, e Sky loita coa espada que usou contra as Tres Bruxas Ancestrais. As Trix volven con Tritannus, e Bloom e Sky xuntan os seus poderes para facer que Oritel e Marion volvan á vida.

Oritel e Marion dan as grazas a Sky, e Flora dá a Sky o colgante de Eraklyon. Entón Sky empeza a lembrar todo, e dá a Bloom o colgante de Eraklyon. Sky di a Bloom que Tritannus ten Daphne e fixo que revele o segredo do Sirenix. As Winx din que farán todo o que for posible para rescatala.

Feitos importantes Editar

  • As Winx teñen éxito en gañar a xema da coraxe, acabando a súa procura do Sirenix.
  • Desiree encontra o colgante perdido de Eraklyon no fondo do océano.
  • Sky finalmente recupérase da súa amnesia.
  • Sky, finalmente, presenta o colgante en forma de corazón vermello de Eraklyon a Bloom, que el tentara facelo dende que a tempada 5 comezou.
  • Bloom enlázase coa Selkie de Domino, Serena.
  • Tritannus consegue facer que Daphne revele o segredo do Sirenix a el.
  • Bloom finalmente descobre que Daphne está nas mans de Tritannus.

Curiosidades Editar

  • É a primeira vez que aparece a animación 3D na serie.
  • Os acontecementos da primeira película, Winx Club I: O segredo do reino perdido, menciónanse.
  • Esta é a primeira vez que Domino con vida aparece en 2D e na serie, sen contar as películas.
  • Esta é a primeira vez que Oritel e Marion aparecen en 2D e na serie, sen contar as películas e os recordos de Bloom.
  • A espada de Domino fai a súa primeira aparición dende a primeira película.
  • Esta é a segunda vez que Marion e Oritel son conxelados. A primeira vez é en Winx Club I: O segredo do reino perdido.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou