FANDOM


Regreso á Baía Paraíso
Tempada 7, episodio 16
Winx172.png
Información do episodio
Número de episodio total 172
Data do trinque (Italia) 28 de setembro do 2015
Data do trinque (EUA) 28 de febreiro do 2016
Nomes originais
Nome en italiano Ritorno a Baia Paradiso
Nome en inglés (EUA) Back to Paradise Bay
Sucesión de episodios
anterior
As pedras máxicas
seguinte
Perdidas nunha gota
Lista de episodios

Regreso á Baía Paraíso é o episodio 16 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 172 en total. Estreouse o 28 de setembro do 2015 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza na Terra, na praia de Baía Paraíso, onde Sky e Nex están a facer unha competición. O resto dos Especialistas e as Winx reúnense, pero Stella e Brandon non están. Mentres tanto, Stella está a descansar e uns animais incomódana, pero ela non se decata.

Brandon está a tentar coller flores para a súa noiva Stella, e despois de loitar contra uns animais, conségueo. Pero Stella está cuberta de area, e Brandon pensa que é un monstro. Stella enfádase, e Brandon dálle as flores. Stella agradécello, e entón as Winx veñen dicir que teñen unha misión.

O equipo comeza a camiñar, e atopan que a natureza está en harmonía e nun lago hai moitos cisnes. Entón reciben unha chamada do seu móbil, e Amarok fala dicindo que está a xogar cos tigres. Os Especialistas sorpréndense ao ver o lobo falar, e as Winx din que grazas aos seus Tynix os animais máxicos poden falar.

Os animais máxicos están a xogar, ata que Roxy vén parar os animais e di que eles lle roubaron o seu móbil. Logo informa que os animais de Roxy detectaron perigo nos animais de Baía Paraíso. Bloom decide dividirse en dous equipos, e poranse a buscar problemas.

Flora dirixe as Winx, e entón as Winx caen e acaban nunha zona morta. As Winx transformaranse no Tynix para entrar nun novo Mini-Mundo, o Mini-Mundo folla. As Winx reúnense cos seus animais máxicos transformados, e comezan a voar polo Mini-Mundo folla.

As Winx atopan unha pequena criatura que está a ser atacada, e as Winx deféndena. A pequena criatura agradécelles a súa axuda, e informa que unha planta específica desestabiliza Baía Paraíso. Stella di que o seu noivo lle fixo un colar con esa planta, e a criatura pensa que as Winx son inimigas e reúne o seu equipo para atacalas.

As Winx loitan contra as criaturas, pero no final as criaturas descobren que as Winx son máis fortes. Entón as Winx deciden falar, e as criaturas din que elas son as súas inimigas porque as Winx foron quen desestabilizaron Baía Paraíso. As Winx sorpréndense, e termina o episodio.

Feitos importantes Editar

  • As Winx descobren un novo Mini-Mundo, que é o Mini-Mundo folla.

Curiosidades Editar

  • Este episodio marca a primeira aparición da Baía Paraíso desde a tempada 5.
  • Nunha escena, o rabo de Flitter faltaba.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou