FANDOM


Segredos e máis segredos
Tempada 1, episodio 17
Winx17.png
Información do episodio
Número de episodio total 17
Data do trinque (Italia) 5 de marzo do 2004
Data do trinque (EUA) 9 de outubro do 2004
Nomes originais
Nome en italiano Il segreto di Brandon
Nome en inglés (EUA) Secrets Within Secrets
Sucesión de episodios
anterior
Feitizo xeado
seguinte
A fonte da Chama do Dragón
Lista de episodios

Segredos e máis segredos é o episodio 17 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 17 en total. Estreouse o 5 de marzo do 2004 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Fonte Vermella, onde os Especialistas están a adestrar. O director Saladino di a Codatorta que haberá unha exhibición pronto. En Alfea, Bloom explica a Stella que está preocupada por saber o seu pasado. Stella di que Bloom chame a Brandon, e vaise.

Brandon explica que estaba a adestrar, e Bloom di que o que viu nese libro de Torre de Nubes foi unha trampa que fixeron as Trix. Logo di que entre os dous hai algo, e Brandon di que ten que colgar. Bloom non sabe que está a pasar, e dillo a Stella preocupada.

En Fonte Vermella, Brandon di a Timmy que ten que casar cunha moza que se chama Diaspro, pero está namorado de Bloom. Riven óuveo todo e ponse a dicir mentiras a Brandon, co que empeza unha pelexa. Entón saen Timmy e Sky, e páiranos. Sky di a Riven que o seu comportamento é cousa de Darcy, e logo aparece Saladino pondo orde.

Na exhibición, Faragonda fala con Griffin sobre o que pasou coas Trix, e que alguén debería telas vixiadas. En Alfea, Flora di que Bloom quere ir á exhibición aínda que non está convidada, para falar con Brandon. As Winx deciden acompañala. En Fonte Vermella, as Winx cóanse na escola evitando o garda.

Na exhibición, os Especialistas están a loitar. Nos corredores, Bloom chócase con Diaspro, e fai caer unha imaxe de Brandon. Ela dille que lle prohibe ollar o seu noivo, e Bloom cre que é un truco das Trix. Mentres tanto, Stella quere ver a Sky. Nas bancadas, Bloom di a Diaspro que Sky quere vela.

No interior, Bloom fai durmir ao gardacostas, e pregunta quen é Diaspro en realidade. Logo Bloom transfórmase, e ataca a Diaspro. Na pista, Riven fai caer a Brandon, e os dous van dicirlle algo cando aparecen os dragóns. Stella veo todo por un espazo entre as portas, as outras tres tamén quere ollar.

Nos corredores, Diaspro tamén se transforma, revelando ser outra fada. Elas dous loitan, mentres os Especialistas fan moverse os dragóns. Brandon ataca a Riven polo que el fixo antes. Entón Riven fai que o seu dragón ataque aos outros, e Codatorta ten que intervir.

Entón do chan aparecen Bloom e Diaspro loitando, e gana Bloom. Pero Diaspro vai con Brandon, e revela que é en realidade o príncipe Sky, e ela é a súa futura muller. Sky vai falar con Bloom, e cando Stella está a ollar, ve que o rei de Eraklyon chama ao noivo de Stella como o seu servo Brandon. En Alfea, Bloom decide que se vai de Magix.

Feitos importantes Editar

  • Bloom descobre por Diaspro que Brandon é o príncipe Sky.
  • Bloom é humillada na fronte de toda a cidade Magix.
  • Stella descobre que Sky non é un príncipe, el é o seu servo real chamado Brandon.

Curiosidades Editar

  • As Trix non aparecen neste episodio.
  • Ao longo do episodio todas as Winx, menos Bloom, non usan a súa transformación.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou