FANDOM


Soños rotos
Tempada 6, episodio 11
Winx141.png
Información do episodio
Número de episodio total 141
Data do trinque (Italia) 17 de marzo do 2014
Data do trinque (EUA) 17 de maio do 2014
Nomes originais
Nome en italiano Sogni infranti
Nome en inglés (EUA) Broken Dreams
Sucesión de episodios
anterior
O invernadoiro secreto
seguinte
Os fillos da noite
Lista de episodios

Soños rotos é o episodio 11 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 141 en total. Estreouse o 17 de marzo do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Torre de Nubes, onde as Trix entrevistan algunhas estudantes, e rexeitan moitas debido ás súas normas duras. A única que non é como as demais bruxas é unha rapariga chamada Lazuli que era unha fada (posiblemente a que saíu da escola de Eraklyon) e decidiu cambiarse ao lado das bruxas.

As Trix sorpréndense que a fada traizoe as súas amigas encerrándoas en gaiolas de cabelo, e despois lémbranse que lle planearán unha emboscada a Bloom (tras rexeitar unha rapariga cun parecido a Bloom). Antes de irse, as Trix recrutan Lazuli como a nova bruxa e quítanlle as súas ás, despois ordénanlle que deixe ir ás súas amigas, pero en realidade Lazuli convérteas en monstros.

En Alfea, Griselda está a facer unha comprobación polos corredores, e ouve unha música clásica. Ela vai pescudar e atopa un ximnasio máxico, onde están a adestrar as Winx e os Especialistas. Layla infórmalle da abertura oficial do seu ximnasio, e Griselda pensa que fadas e Especialistas traballando xuntos parece un pouco impropio.

Layla argumenta que precisan de algo de distracción desde que Bloom se foi. Griselda está de acordo coa academia porque as alegrará. Layla instrúe a Stella, Flora, Musa e Tecna algúns movementos de danza, entón Stella quéixase. Ela suxire un cambio de estilo, e Layla enfádase con ela e di que están a adestrar para a resistencia, non para a aparencia.

Stella engade unhas ás falsas e di que sigan os seus movementos. No entanto, as ás resultan seren un pouco difíciles de manipular, facendo que se encalan ou bloqueen os seus movementos, o que enfurece Layla, e di a Stella que non perda o tempo, pero Stella se ofende e vaise.

Tecna e Musa van buscar Stella para tentaren calmala. Flora suxire a Layla que teñen que regresar ao invernadoiro para pescudar, pero Layla non quere dicindo que prefere continuar coa súa formación. Todo isto é observado polas Pixies, sabendo que as Winx non son as mesmas sen Bloom.

Lockette está especialmente deprimida ao saber que Bloom tampouco está feliz e toma a decisión de ir a Gardenia, e as Pixies séguena. Tras o adestramento, Roy e Nex desafían Layla nunha carreira de patinaxe, que ela acepta con gusto. Roy e Nex tentan gañarse Layla.

En Gardenia, Bloom atópase na súa habitación deprimida, e Mike tenta animala cun truco de maxia pero falla. Vanessa entón asegura a Bloom que se decataron do seu problema e que sempre estarán alí para ela. Na oficina de Griffin, Selina estaba a ter unha reunión secreta con Acheron, quen lle di que se non parar as Winx, reuniranse con Eldora. Antes de que Selina poida continuar, termina rapidamente o contacto cando as Trix entran.

As Trix usan o Ollo de Griffin para descubrir que Bloom está na Terra, e dinlle a Selina que inicie un ataque. Entón utiliza o Legendarium para espertar uns vampiros, tamén coñecidos como Fillos da Noite, para invadir Gardenia e cazar Bloom. Os vampiros chegan ata Gardenia e infíltranse nunha festa gótica que se celebrará preto.

Flora está no invernadoiro de Eldora e usa un feitizo sobre as plantas para darlles voz co fin de comunicarse con eles. Ela pide ás plantas que identifiquen a flor de Eldora. Ningunha das plantas sabe, pero un gabián rosa fala. De acordo a el, a flor chámase Lenusha, unha flor moi rara que crece nun local que está en Gardenia.

Flora sorpréndese porque a flor está na cidade de Bloom, e lembra o que dixo Lu Wei a ela e ás raparigas cando estaban en China, que Eldora quedou a descansar onde crece a flor. Por desgraza, o gabián non sabe a súa localización exacta, pero polo menos Flora é capaz de limitar a busca.

Na vivenda de Layla, Musa e Tecna arrastran Stella á vivenda para falar con Layla. No canto diso, convértese nunha gran discusión entre as dúas. Flora entra e rapidamente infórmalles sobre a Lenusha que está en Gardenia. Elas escoitan Kiko triste, obviamente deprimido por non estar coa súa dona e amiga. Stella recólleo e tranquiliza Kiko dicindo que todas elas verán Bloom cedo, e despois Stella e Layla reconcílianse.

Bloom está aínda nunha depresión, e tenta descubrir por que Selina se volveu contra ela xa que eran tan amigas. Ela olla un vello debuxo infantil que fixo dela mesma e Selina cando eran nenas, e despois ve que na imaxe hai debuxada a flor de Eldora, que estaba nun lugar chamado o Bosque das Flores, un sitio que ela ía moito. Bloom nese momento decátase de que a fada madriña vive alí mesmo, en Gardenia.

Nas rúas de Gardenia, as Pixies teletranspórtanse onde ven uns mozos que irán á festa gótica. Amore entón detecta os Fillos da Noite que se acercan e nota algo raro neles. As Pixies séguenos á festa. Na festa, os Fillos da Noite, un por un, usan os seus poderes para hipnotizar todo o mundo de alí convertendo todos en escravos sen mente.

Os Fillos da Noite dan ordes aos mozos da festa para facerse cargo de Gardenia e para buscar e destruír Bloom. Lockette inmediatamente sobe e ataca ao líder pero é máis forte. Ela grita pedindo axuda, onde Bloom dende a súa casa a detecta pola súa unión máxica, e entón decide transformarse rapidamente e sae da súa casa para atopala.

Lockette esquiva os ataques do vampiro líder e case se converte nun escravo, pero Chatta consegue salvala. Antes de que os vampiros poidan hipnotizar as Pixies, Bloom chega e atácaos. Ela colle as Pixies e escapan. Bloom pregúntalles que estaban a facer alí e Lockette responde que viñeron visitala e terminaron na festa.

Bloom non cre que os Fillos da Noite sexan reais e estean en Gardenia, e entende que o Legendarium é o responsable. Os vampiros atacan frecuentemente mentres Bloom e as Pixies rexeitan algúns ataques pero os vampiros son máis resistentes do que pensaban nun principio. En Alfea, as Winx presenten que as Pixies están en perigo, mentres Bloom e as Pixies continúan a súa interminable loita.

Feitos importantes Editar

  • Selina convoca os Fillos da Noite para atacar Bloom.
  • As Pixies van a Gardenia para animar Bloom.
  • Flora di ao resto das Winx que Eldora vive en Gardenia.
  • Os Fillos da Noite usan os seus poderes para hipnotizar todos os humanos de Gardenia, transformándoos todos en escravos irracionais.

Curiosidades Editar

  • Unha das raparigas bruxas que vai a Torre de Nubes coas Trix aseméllase con Bloom na tempada 5.
  • Este episodio foi ao ar nos EUA como parte da maratón de maxia online.
  • Nunha escena, a cor dos ollos de Bloom son laranxa.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou