FANDOM


Tecna
Fada
Tecna.png
Información persoal
Pixie Digit, a Pixie da nanotecnoloxía
Selkie Lithia, a Selkie de Zenith
Idade 16 anos (no comezo da serie)
Nacemento 16 de decembro
Planeta de orixe Zenith
Signo de fada Tritón
Habilidades máxicas e poderes Tecnoloxía
Cor do cabelo Rosa
Cor dos ollos Verdes
Noivo Timmy
Información na serie
Primeira aparición Benvida a Magix

Tecna é unha das fadas de Winx Club

Personalidade Editar

Tecna naceu en Zenith o 16 de decembro e o seu signo de fada é Tritón. É moi intelixente e encántalle a tecnoloxía. Ás veces ponse demasiado na tecnoloxía, e o seu entusiasmo co mesmo pode ser molesto. Ela é sempre práctica e lóxica, ás veces ata a esaxeración. Tecna ten problemas para expresar as súas emocións e as bases da maioría das súas decisións está na lóxica pura, aínda que nas tempadas 2 e 3, métese máis en problemas, é máis aberta e amigable cos seus amigos. É xenerosa e amable cos seus amigos e realmente preocúpase por eles, aínda cando non sempre pódese mostrar. A ela encántalle a ciencia, facer experimentos no seu tempo libre. Ela tamén ten unha memoria fotográfica. Ela ama as computadoras e os videoxogos. Tecna tamén goza de facer deporte e estar activa. Ela tamén ten un forte vínculo con Musa. Tamén lle gusta Timmy, pero ao comezo da serie, non sabe como dicirllo. Ás veces sente que o resto das rapazas non a tratan coma se fose importante. Tecna non lle gusta cando Stella critica o seu estilo. Ás veces hai que tratala coma se ela fose unha computadora. Tecna axuda a todos. Ela é unha amiga moi fiel, sente que Musa e Timmy son os únicos que lle entenden. Ela tamén ten un forte vínculo con Flora. E tamén ela é a intelixente nas Winx. Tecna é moi intelixente cun coeficiente intelectual de 150 e encántalle a tecnoloxía.

Historia Editar

Tempada 1 Editar

Tecna vai a Alfea por primeira vez e comparte habitación con Musa. Ela é a máis intelixente das Winx. No episodio 7 (Amigas en apuros) recoñece que desde que coñeceu ás Winx, facilmente perde o control. Díxoo despois de que Griselda prohibiulle usar os gadgets tecnolóxicos e as Winx chancearon dicindo que Tecna polas normas está mostrando demasiada emoción. A través da tempada actúa como a que sempre pensa por lóxica e é ás veces é estratega.

Tempada 2 Editar

Nesta tempada Tecna ten un papel máis importante que na tempada anterior. Cando chegaron a establecerse en Torre de Nubes, a ela e Bloom emparelláronas. Cando Tecna usa a súa maxia tecnolóxica para atopar o Códice, as Trix veñen e conxelan a Tecna, o que lles permite atopar a localización do Códice. Pero o que realmente Tecna atopou non era a habitación do Códice, senón o corazón de Torre de Nubes, e Tecna estaba devastada, porque os seus cálculos estaban equivocados. As cousas ponse complexas entre ela e Timmy despois de que Timmy rendeuse ás Trix, o que lles permitiu arrebatar o Códice de Fonte Vermella, o que a fixo pensar en que Timmy era débil e covarde. Nas Terras Salvaxes cando son atacados polos animais encantados, Timmy ocórreselle un plan, pero Tecna non ten fe nel. Ao final deste episodio, Tecna gaña o seu Charmix cando ela admite que ela non lle gustaba estar molesta con Timmy.

Tempada 3 Editar

Nesta tempada, Tecna foi nun principio dado un papel menor, excepto cando salvou ás rapazas das arañas xigantes en Solaria. Máis tarde, na tempada, Tecna converteuse no foco principal logo de pechar o portal á Dimensión Omega mentres que salvou Andros (e gañou o seu Enchantix no proceso). Despois de que foi atopada e rescatada, o seu papel converteuse en menor de novo, ata que as Winx visitan o Reino de Ouro e Tecna pasa polo labirinto de cristal, onde sacrificara a súa emoción para reclamar a primeira das Estrelas de Auga. No final de tempada, pelexa contra dun Timmy falso, creado a partir de feitizos dos elementos, para logo reagruparse cos outros para a derrota final de Valtor.

Winx Club I: O segredo do reino perdido Editar

Tecna aparece en Alfea, na cerimonia de gradación, onde ela e as Winx se gradúan. Máis tarde ela e as outras Winx van en busca dos pais de Bloom e nunha misión de salvar o planeta Domino. Ela e as raparigas teñen que atopar Hagen, quen creou a espada do rei Oritel, pai biolóxico de Bloom. No final ela é vista loitando xunto ás Winx e os Especialistas contra as Bruxas Ancestrais e as súas descendentes, as Trix.

Tempada 4 Editar

Cando comezou a tempada, Tecna, xunto co resto da as nenas, aceptou unha invitación para ensinar. Despois de que a proba de obstáculos foi destruída por unha alumna, prexudicando a Flora o proceso, Tecna foi quen atopa a caixa da explosivos que estaban na mochila dunha alumna chamada Alice, e non cría unha palabra das súas súplicas de inocencia. Unha vez que os Feiticeiros do Círculo Negro apareceron, Tecna foi tan facilmente derrotada por eles ata que os feiticeiros decidiron irse, decatándose que non era a Bloom quen eles estaban buscando. Posteriormente, Tecna, finalmente cre en Alice despois de que a súa amiga Clarice confesou o crime.

Despois que as Winx fundaron a tenda Amor e Peluches, co fin de axudar a atopar á última fada na terra, Tecna creou o sitio web das Winx co fin de axudar ás súas mascotas a ser adoptados. Unha vez que as Winx atoparon e establecesen amizade con Roxy, Tecna foi axudada por Roxy para aprender máis acerca de superheroe como un xeito de axudar a que os seres humanos crean na maxia de novo.

Winx Club II: A aventura máxica Editar

Tecna e as Winx son vistas no mesmo lugar de igual maneira que na primeira película, en Alfea, que foron convidadas por Faragonda. Ela e as Winx comezan a loitar contra as bruxas de Torre de Nubes, que transformaran as fadas en sapos. Despois cando Tecna e as Winx descobren o compromiso de Bloom con Sky e a súa inmediata disolución, elas van a Domino para consolar a súa amiga. Como Bloom está enfadada, Tecna e as Winx volven a Gardenia cos pais adoptivos de Bloom onde atopan que xa non teñen poderes. Para recuperar os poderes, Tecna e as Winx teñen que salvar a Árbore da Vida, que tamén as leva á súa misión final onde teñen que derrotar as Trix.

Tempada 5 Editar

As Winx van nunha misión para conseguir o Sirenix, esencial para vencer Tritannus. Para conseguilo, antes obteñen outro poder anterior, o Harmonix. Ela axuda a atopar a xoia da Empatía e a atopar un mapa do Océano Infinito. No episodio 21 (Un encontro perfecto), Tecna e en Timmy tiveron o seu primeiro encontro, que foi organizado polas Winx e os outros especialistas. Pero Tecna viuse obrigada a saír do encontro e para axudar as Winx a derrotar un monstro que ameazaba con destruír o Pilar do Control. Pero a finais do episodio, conseguen acabar o encontro con éxito. Tras este encontro, pódese dicir oficialmente que están a saír xuntos.

Tempada 6 Editar

Tecna aparece en Domino xunto coas Winx na festa de Daphne, onde aparecen as Trix e unha besta das profundidades que asusta a Daphne. Tecna e as outras recuperan a confianza de Daphne, xa que ela é a única capaz de derrotar a besta das profundidades. Entón Tecna aparece na celebración do 100 aniversario de Faragonda onde ten que ir loitar contra os Trolls para protexer a aldea das Pixies.

En Linphea ela e as Winx loitan contra as Trix e perden os poderes, con excepción de Bloom, quen dá unha parte dos seus poderes ás Winx. Despois ela aparece no instituto de Layla. Cando as Winx descobren que Selina e as Trix teñen o Legendarium, ela axuda ás Winx a pechar o Legendarium, atopar a chave para o pechar e atopar Eldora cando atopan o seu diario en Alexandría.

No episodio 5 (O auditorio de ouro), ela e Musa enfádanse, e máis tarde as Winx van ao Auditorio de Ouro onde son atacadas polos espíritos Pandemonium. Alí Tecna alenta Musa para cantar e derrota os espíritos, obtendo os poderes Bloomix. Cando Selina aparece en Alfea para facer que Bloom envelene Flora, Bloom vaise á Terra coas Pixies. Tecna e as Winx séguenas, e son atacadas polos Fillos da Noite. Máis tarde as Winx obteñen o Mythix, e por tanto son capaces de loitar contra as bruxas e entrar no Legendarium, para poder pechalo para sempre.

Imaxes Editar


Personaxes de Winx Club
Fadas Winx: BloomStellaFloraMusaLaylaTecnaRoxyDaphne
Especialistas: SkyBrandonRivenTimmyHeliaNabuRoyNexThoren
Inimigos: As TrixLord DarkarValtorOs Feiticeiros do Círculo NegroTritannusSelinaKalshara e BrafiliusMáis…
Outras personaxes aliadas das Winx: PixiesSelkiesAnimais máxicosMáis aliados…

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou