FANDOM


Este artigo inclúe contido CC-BY-SA da Galipedia (ver autores).
Winx.png

Logo de Winx Club.

Winx Club é unha serie de televisión animada italiana, realizada polos estudos Rainbow S.r.l., e creada e dirixida por Iginio Straffi, a partir do 2004. O éxito da serie deu lugar a unha franquía internacional de xoguetes, libros, roupa, videoxogos, DVD e dúas películas.

As Winx son unhas adolescentes guapas, con moito estilo e un don especial para a maxia. A historia (excepto na cuarta tempada que transcorre na Terra) transcorre no mundo máxico de Magix, poboado por fadas, bruxas, monstros e humanos, e conta a loita clásica entre o ben e o mal. As Winx van á escola de fadas Alfea e unen as súas forzas cos especialistas da escola Fonte Vermella para vencer ás aprendices da escola de bruxas Torre de Nubes. As rapazas necesitarán todo o seu talento e poderes para lograr o seu labor.

Episodios Editar

Artigo principal: Episodios

Tempada 1 Editar

Bloom, unha moza terrestre, vive na Terra, nun pobo chamado Gardenia cos seus pais: Mike e Vanessa. Ten como mascota a Kiko, o seu fiel coello e o seu compañeiro de aventuras. Ela ten unha vida normal: vai a unha escola, ten amigas, inimigas, etc. Pero ela ten unha corazonada, que é que, moi no fondo, ela cre nas fadas (aínda que a súa nai crea que son bobadas). Un día, foi ao parque coa súa bicicleta nova (regalada polo seu 16 aniversario) e con Kiko na canastra da súa bici. Cando chegaron, díxolle a Kiko que non se afastase moito. Ela deixou a bici estacionada, sentou debaixo dunha árbore e dispúxose a comer unha mazá. De súpeto dun arbusto, saíu Kiko moi asustado. Pola expresión da súa cara, parecía que vira algo horrible difícil de crer. Bloom seguiu o camiño que lle guiaba Kiko e escondeuse detrás dunha árbore. Asomouse e viu a unha rapaza con ás nas súas costas, cun gran cetro de prata que irradiaba luz e loitando contra uns monstros e un ogro. Cando o fada case estaba derrotada, Bloom comeza a tirarlles pedras para axudala posto que non se lle ocorría outra cousa e o ogro ordeno aos monstros que a atacasen. Sen saber o que ía pasar, Bloom estendeu unha man como simulacro de querer protexerse e dela saíu un campo de enerxía a cal permitiulle que non lle fixesen dano. O xefe da banda de monstros (Knut, un ogro) deuse conta de que Bloom non era unha rapaza normal, e decidiu atacala por segunda vez así que foi e colleuna polas mans e elevándoa do chan. Bloom gritou e dela saíu un gran dragón de lume, que con este último ataque, derrotou aos monstros. O fada dille que é moi poderosa e preséntase: dille que o seu nome é Stella, que é a princesa de Solaria e moi probablemente, Bloom é un fada. Así comeza todo, Bloom deixa a Terra para ir con Stella a Alfea, a gran escola para fadas. Alí coñece a Flora, a Musa e a Tecna. Tamén coñece aos especialistas: Sky, Brandon, Timmy e Riven. Ela namórase de Brandon (en realidade é o príncipe Sky que faise pasar polo seu gardacostas, Brandon, e este é noivo da fada Stella, que faise pasar polo príncipe Sky). Tamén coñecerá ás malvadas Trix: Icy, Darcy e Stormy. Máis pronto, Bloom descubrirá moitos segredos como que ela é a princesa de Domino, que é adoptada e que os seus verdadeiros pais, os reis de Domino, están desaparecidos, que Daphne é a súa irmá máis vella e que o seu poder é o máis potente do universo…

Tempada 2 Editar

Tras ser derrotadas, as Trix son enviadas a Rocha Luz, un lugar que transforma persoas malas en boas. Bloom, Stella, Flora, Tecna e Musa descobren unha nova fada, Layla, que é a fada das ondas e princesa de Andros, entón ela convértese no sexto membro do Winx Club. Un novo inimigo aparece, Lord Darkar que entón libera as Trix de Rocha Luz e aumenta os seus poderes. Layla di ás outras raparigas que as Pixies, pequenas fadiñas que máis tarde experimentarán unha ligazón máxica coas Winx, están a ser mantidas como prisioneiras de Lord Darkar. Layla, Bloom, Stella, Brandon e Sky van nunha misión para tentar rescatar as Pixies, Lockette, Chata, Amore, Tune e Digit. Na abertura da nova Fonte Vermella, Flora atopa un rapaz chamado Helia, de quen se namora perdidamente. Xunto con Layla as raparigas tentan impedir Lord Darkar de atopar as catro partes dun artefacto máxico chamado Códice, o que permite que unha persoa entre na Dimensión Realix e gañe o poder supremo, pero despois dalgún tempo Darkar consegue obter todas as partes do Códice. Bloom quere saber máis sobre os seus pais biolóxicos, o rei Oritel e da raíña Marion, pero Lord Darkar lle dá un virus das sombras. O virus transforma Bloom en “Dark Bloom”. Despois de que Lord Darkar entende que el precisa de máis forza máxica e poder para abrir a porta de entrada para Realix, el instrúe Avalon, o novo profesor de maxia, a transformar Bloom en “Dark Bloom” de novo. Cando chega o Realix, Darkar di a Bloom que lle dea a el o Poder Supremo. Inconscientemente, ela faio. Ao final, o amor mutuamente forte e verdadeiro que ela sentía por Sky fixo que o feitizo negro de Darkar fose roto e Bloom derrota Darkar coa súa Chama do Dragón.

Tempada 3 Editar

As Winx están de vacacións e poden relaxarse. Pero os problemas comezan no baile de princesas de Stella, onde ao chegar ao planeta dela descobren que o seu pai casará con outra muller e iso incomoda Stella moito. Tras ser desterradas á Dimensión Omega, as Trix escapan con Valtor, un bruxo responsábel pola destrución do planeta natal de Bloom, Domino. Elas queren cooperar e o plano deles agora é invadir varios puntos da dimensión máxica e vingarse. As Winx comezan o seu terceiro ano en Alfea e aprenden sobre a transformación Enchantix, adquirida por exemplos de coraxe e amor. As Winx coñecen Valtor e atopan as Trix, e iníciase unha batalla máxica. Valtor conta á Bloom que os pais dela loitaron contra el, e encerrárono na Dimensión Omega e despois desta loita eles desapareceron. Un a un os mundos de Magix son invadidos por Valtor e polas Trix, que absorben os seus coñecementos máxicos e amplían os seus poderes. Valtor rouba unha caixa máxica e almacena todo o coñecemento roubado dentro dela. O Enchantix das Winx é conseguido tras sacrificarse ou arriscarse por alguén do seu pobo, así as Winx reciben o Enchantix que lles atribúen poderes e habilidades extraordinarios. Faragonda conta a Bloom que o poder de Valtor provén da Chama do Dragón e só ela pode destruílo. Ela tamén conta a Bloom que os seus pais Marion e Oritel formaron a Compañía da Luz, un grupo de fadas, magos e cabaleiros que loitaron contra Valtor. As Winx descobren as Estrelas de Auga, artigos máxicos que poden a anular a Chama do Dragón e van buscalas para derrotar Valtor. Máis tarde, Valtor invoca o poder dos catro elementos e úsaos contra Magix: Alfea é cercada por paredes de fogo; Torre de Nubes é inundada por ríos de auga; Fonte Vermella é destruída por unha serie de tornados e Magix cae coa potencia dun terremoto. As Winx únense para acabar dunha vez por todas con Valtor e iníciase a batalla final. As Trix son derrotadas e exiliadas de novo en Rocha Luz. As Winx combinan os seus poderes Enchantix coa maxia das Estrelas de Auga e derrotan Valtor. Despois, elas abren a caixa máxica e devolven o coñecemento máxico de cada pobo. Bloom ten fe de finalmente atopar os seus pais.

Tempada 4 Editar

Tras a graduación das Winx en Alfea, son convidadas para ser profesoras en Alfea. Faragonda mostra ás Winx o salón dos encantamentos. Bloom descobre unha sala secreta onde están os retratos dos inimigos de Magix: Lord Darkar, Valtor, as Trix e descobre os Feiticeiros do Círculo Negro. Faragonda di ás Winx que hai unha transformación máis aló do Enchantix: o Believix, que é a nova transformación da tempada 4, onde as ás das fadas son máis potentes. Cando unha fada gaña o seu Believix, pasan a ter a habilidade de facer que alguén crea na maxia. Os Feiticeiros do Círculo Negro: Ogron, Gantlos, Duman e Anagan, son os novos inimigos nesta temporada. Eles queren atopar a última fada da Terra. Atacan Bloom, pero descobren que ela non é quen eles buscan. As Winx descobren que Roxy e a última fada da Terra, pero os cazadores van ata a Terra para collela. Roxy cre nas Winx, isto fai que todas gañen o seu Believix. Pero o obxectivo dos novos inimigos muda co pasar dos episodios, por exemplo co Círculo Branco, un anel máxico en que as fadas da Terra foron prendidas hai moitos séculos. Roxy gaña a súa transformación nunha loita cos Feiticeiros. Bloom e as Winx liberan as fadas da Terra. Pero ao liberalas, descobren que non son as criaturas boas que pensaron que eran. Elas queren vinganza contra Ogron e os seus Feiticeiros, pero principalmente os humanos, por pensar que eles son os culpables do seu esquecemento. Para convencelas, teñen que demostrar ás Fadas Etéreas as súas habilidades máxicas, obtendo así os Dons do Destino. Ogron e os seus Feiticeiros, na tentativa de derrotar as Winx e as fadas terrestres, engánaas dicindo que se queren render, e piden ser xulgados pola fada da xustiza, Sibylla. O día do xuízo, Ogron prepara unha trampa para as fadas terrestres, causando unha batalla espantosa. Nabu, tentando salvar as fadas, morre. Layla pasa ao lado da vinganza xunto a Nébula, que quere destruír os Feiticeiros do Círculo Negro. Na dimensión Omega, as Winx, as fadas terrestres, os especialistas, Layla e Nébula, derrotan os Feiticeiros, e salvan a Terra. No final, conmemórano cunha festa.

Tempada 5 Editar

Debaixo da auga, as Winx terán que afrontar un novo espantoso inimigo: Tritannus. Cando o tío de Layla, Neptuno, decide coroar Nereus como o príncipe herdeiro do reino subacuático de Andros, Tritannus interrompe a cerimonia. No entanto, o plan do irmán xemelgo malvado de Nereus non funciona e el é enviado á prisión, onde atopa as Trix. Entón el transfórmase nun poderoso monstro por causa da polución e así el e as Trix foxen da prisión. O seu principal obxectivo é dominar todo o mundo e entrar no Océano Infinito. O poder Believix non é suficientemente forte debaixo da auga, e as Winx tentarán obter o antigo poder Sirenix. A última fada que se transformou en Sirenix foi Daphne, a irmá de Bloom, e o poder Sirenix matouna por causa do feitizo que as tres bruxas ancestrais botaron sobre o seu Sirenix (por isto Daphne tenta impedir que Bloom o busque). Para obter o Sirenix as fadas teñen que completar o desafío do libro do Sirenix, este desafío está centrado en atopar a xema da confianza, da empatía e da coraxe. E para estes desafíos, as Winx obteñen unha nova transformación: o Harmonix, que permite que as fadas naden máis rápido e que os seus poderes sexan eficientes debaixo da auga. Para realizar estas misións, as Winx visitan o planeta natal de cada unha das Winx. As Selkies axudarán as fadas nesta misión imposible, elas son Lemmy, Illiris, Sonna, Lithia, Serena e Desiree. Elas tamén contan coa axuda das gardiás do Sirenix que desvelan varios dos enigmas do libro do Sirenix. Ademais, Sky perde o colgante de Eraklyon, que cae no mar despois de que el salve un home dunha vertedura de petróleo. Segundo el, se un príncipe herdeiro perder o colgante terá má sorte coa persoa amada. Máis tarde, Sky perde a memoria despois de tentar salvar Bloom do feitizo das Trix e Bloom decide axudalo a lembrar. Cando Flora atopa o colgante de Eraklon e entrégao a Sky, el recupera a súa memoria. E as Winx conseguen chegar ao Océano Infinito (é en 3D), e conseguen o Sirenix. Porén Tritannus e as Trix teñen un Sirenix escuro, e tamén van ao Océano Infinito, onde moitas batallas acontecen, unha delas ocorre cando Tritannus atopa unha illa feita de lixo na Terra, onde as Winx loitan contra Tritannus e as Trix, para salvar o océano da polución de Tritannus. Noutra batalla as Trix fan un remuíño para que Tritannus absorba a polución da auga. No Océano Infinito Tritannus quere reactivar o Trono do Emperador, para isto el precisa do selo da Columna da Luz, da Columna do Equilibrio, e da Columna do Control. Poderá Tritannus tomar o control do Océano Infinito?

Tempada 6 Editar

Unha nova bruxa chamada Selina xúntase a Torre de Nubes. Ela é propietaria dun libro do mal chamado Legendarium e a través del é capaz de tornar lendas en realidade. As Winx, os Especialistas e as Trix estarán de regreso con novas roupas, e as Pixies, que estiveron ausentes nas últimas dúas temporadas, volven aparecer. Esta vez, as Trix, para conquistar todas as escolas do Universo Máxico, alíanse con Selina. Nunha tentativa de acabar coa maxia do Legendarium, as Winx perden os seus poderes. A única que queda coa súa maxia é Bloom, que comparte unha parte da Chama do Dragón coas súas amigas. Grazas a esta enerxía, e, acompañado de accións dignas dunha verdadeira fada, as Winx gañan a transformación Bloomix. As fadas inician así unha aventura para buscar a antiga e verdadeira gardiá do Legendarium, a fada madriña Eldora. As Winx aventuraranse por lugares fantásticos, como a Biblioteca Perdida de Alexandría no Exipto, e a gran Muralla de China. As Winx irán en busca de obxectos máxicos, viaxando polo Mar do Caribe, os bosques do Canadá e moitos outros lugares marabillosos, na tentativa de crear unha chave para pechar, para sempre, a maxia do Legendarium. Para superar este difícil camiño, as Winx obterán o poder Mythix con axuda da fada madriña Eldora que as fará demostrar o valor para as variñas máxicas o que fai que se transformen por primeira vez no episodio “Mythix”, co cal salvarán toda a Dimensión Máxica. Novos aliados, como os Paladinos, e vellos amigos, como as Pixies e os Especialistas, axudarán as Winx nesta incrible misión. As nosas heroínas conseguirán vencer as momias, esfinxes, vampiros, pantasmas, zombis e lobishomes? Conseguirán derrotar as Trix antes que Selina libere o maligno feiticeiro Acheron da prisión que é o Legendarium?

Tempada 7 Editar

Todos os animais máxicos teñen un talento especial, necesario para o equilibrio do universo máxico. A nova aventura das Winx será descubrir a verdadeira importancia dos animais máxicos no equilibrio da dimensión máxica, e salvalos de Kalshara, unha transfiguradora malvada, e o seu irmán desastrado, Brafilius. O tema de animais en perigo repítese ao longo desta temporada, mentres que as Winx crean un Parque de Rescate para animais na Terra, onde elas buscan animais vulnerables e en perigo de extinción, como pandas e tigres. As raparigas tamén embarcan nunha aventura na dimensión máxica e na Terra para concienciar as persoas sobre a causa dos animais. Isto lévaas ata a súa misión final: descubrir o poder superior dos animais máxicos que lles darás control sobre os animais de toda a dimensión máxica.

Tempada 8 Editar

A temporada 8 da serie será lanzada en 2018 na Italia e estará composta tamén por 26 episodios. A través dunha entrevista, Iginio Straffi, o creador de Winx Club, confirmou que a oitava temporada de Winx Club está “en produción”, e será exhibida despois da cuarta película.

Películas Editar

  1. Winx Club I: O segredo do reino perdido
  2. Winx Club II: A aventura máxica
  3. Winx Club III: O misterio do abismo
  4. Winx Club IV: A princesa perdida

Ligazóns externas Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou