FANDOM


Thoren
Especialista
Thoren.png
Información persoal
Idade 21 anos (no comezo da tempada 6)
Planeta de orixe Eraklyon
Cor do cabelo Castaño
Cor dos ollos Azuis
Noiva Daphne
Información na serie
Primeira aparición A escola voadora

Thoren é un paladino que aparece por primeira vez no episodio 3 da tempada 6 (A escola voadora). É o primo de Sky. Desde o episodio 156 (Winx inesquecibles) está casado con Daphne, a irmá de Bloom.

Historia Editar

Tempada 6 Editar

Thoren aparece no episodio 3 (A escola voadora), mentres está a practicar un duelo con Sky no campo de batalla da escola de Linphea. Ao final do episodio, Thoren, os Paladinos, os Especialistas e as Winx tentan atacar os Treants.

Tras retirarse a Alfea, mentres que Nex e os especialistas se uniron as Winx na academia de Layla, el aparece na biblioteca de Alfea con Daphne. Ela tenta atopar a debilidade dos Treants, Thoren entrégalle unha versión de conto de fadas, que tamén revela que o seu pai lía esta historia a el e el asustábase a cada vez. Mentres continúan coa súa pequena conversación, dille a Daphne que ela tentará atopar a raíz deste problema, que axudou Daphne a resolver a debilidade dos Treants. Ambos informan aos demais e Thoren volve a Linphea cos outros para tentar liberar á escola de Linphea que as Trix teñen baixo o seu control. E tiveron éxito en facelo.

Thoren e Sky chegan ao palacio de Domino e entra na sala de festas onde lle pregunta a Sky se Bloom lle falou algunha vez sobre Daphne. Sky non prestou atención a el e estaba preocupado polo seu móbil. Bloom despois chámalles desde a varanda e Thoren saúdaa e tamén informa da súa conversación.

Mentres el continúa a ser distraído, Thoren sinala a Sky que está a actuar bastante distante, e Sky descúlpase e vaise, deixando Thoren desconcertado.

Ao comezar a cerimonia, Thoren vai con Daphne mentres ela tivo o título de princesa coroada de Domino, que despois lle pide un baile no salón de baile. Entón revela a Sky que Thoren o abandonara por medo, cando os dous deles foron emboscados durante a súa infancia.

Cando Bloom está a debilitarse porque compartiu a súa Chama do Dragón coas Winx, Thoren asiste con Sky en levar Bloom á súa vivenda. Cando aparecen os Comedores de Fogo, Diaspro intercéptaos dándolles información falsa. Sky rexeita a súa “axuda” e continúa pero é atacado por un Comedor. Con Sky inconsciente, Diaspro tenta que Thoren vaia con Bloom e lévaa ao Vórtice de Chamas. Ela continúa a empurrala, e case fai o que di, ata que chegan Daphne e Sky. Thoren despois retrocede e búrlase de Diaspro.

Diaspro deixa Thoren inconsciente, chocando con Bloom e escápaselle. Diaspro entón levita Bloom sobre o pozo, e mentres Diaspro e Sky din que non ten que lanzala só por amor, Thoren levántase mentres Diaspro lánzaa ao vórtice. Sky tenta salvala ao caer no pozo pero Thoren párao.

Os Comedores de Fogo aparecen e cando os tres se preparan para defenderse, asegura Sky que non o defraudará de novo. Bloom aparece de novo e salva todos. Tras a proba, Thoren descúlpase con Sky polas súas accións no pasado e reconcílianse. Despois atópase con Daphne na varanda, os dous danse a man e ollan para a lúa comezando unha relación.

No episodio 7 (A biblioteca perdida), Nex e os especialistas chegan a Alfea para dicir adeus ás Winx e Daphne cando saen na súa excursión mundial na Terra par buscar Eldora mailo seu diario. Despois é visto outra vez no episodio 10 (O invernadoiro secreto) cando as Winx van ao invernadoiro secreto e coñecen Selina que é amiga de Bloom, algo que o seu primo non se mostra confiado na rapariga.

Ao final da tempada, Thoren casa con Daphne.

Personalidade Editar

Thoren parece ser un pouco celoso de Sky aínda que son primos. Pero el ten un sentido do deber e a xustiza, lembroulle a Sky que tamén está aquí e preparado para loitar cos Treants. A pesar de que ten un resentimento contra Sky, é xentil, amable e servizal, isto é mostrado cando Daphne estaba a tentar atopar a debilidade dos monstros e el asegúralle que poderá atopar o que quixer e mesmo atopou un libro para que ela o olle.

Aparencia Editar

O seu cabelo é castaño escuro con reflexos castaño claro. A súa pel é pálida e os seus ollos son de cor azul coral.

Paladino Editar

Thoren leva un uniforme vermello cunha xoia amarela (ou auga-mariña) con forma ovalada no centro.

Coroación de Domino Editar

Este traxe é totalmente verde escuro, con ombreiras douradas ombro e botóns da mesma cor, unha faixa púrpura real e botas de cor oliva.

Habilidades Editar

A súa arma especial é un martelo café que lle permite crear terremotos cando o azouta.


Personaxes de Winx Club
Fadas Winx: BloomStellaFloraMusaLaylaTecnaRoxyDaphne
Especialistas: SkyBrandonRivenTimmyHeliaNabuRoyNexThoren
Inimigos: As TrixLord DarkarValtorOs Feiticeiros do Círculo NegroTritannusSelinaKalshara e BrafiliusMáis…
Outras personaxes aliadas das Winx: PixiesSelkiesAnimais máxicosMáis aliados…

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou