FANDOM


Trampa ás fadas
Tempada 3, episodio 11
Winx63.png
Información do episodio
Número de episodio total 63
Data do trinque (Italia) 21 de febreiro do 2007
Data do trinque (EUA) 5 de decembro do 2011
Nomes originais
Nome en italiano Trappola per fate
Nome en inglés (EUA) A Trap for Fairies
Sucesión de episodios
anterior
Alfea baixo asedio
seguinte
As bágoas do salgueiro negro
Lista de episodios

Trampa ás fadas é o episodio 11 da tempada 3 da serie Winx Club e o episodio 63 en total. Estreouse o 21 de febreiro do 2007 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en Alfea, onde Mirta está a preocuparse por Lucy. As Winx saen de Alfea en busca de Faragonda polo ataque de Valtor. As Pixies queren axudar as Winx coa procura de Faragonda.

En Torre de Nubes, as Trix queren vinganza. Pero Valtor di que as Trix son incompetentes e precisa dunha persoa con quen compartir o seu poder. De momento Valtor di ás Trix que vixíen Griffin.

As Winx atopan que houbo un gran ataque. Flora tenta falar coa natureza, e descobre que as árbores foron testemuñas da batalla entre Valtor e Faragonda, pero saben que Faragonda está viva. E as árbores detectan que Valtor foi cara a Torre de Nubes.

Mirta chega a Torre de Nubes, e atópase coas Winx. Mirta asústase, e logo di que quere saber que lle pasou ás outras bruxas. Mentres tanto, as Pixies buscan pistas de Valtor. Entón atácanas uns monstros.

As Winx e Mirta entran en Torre de Nubes e atopan que a escola está baleira, e as bruxas están na enfermaría nun estado de coma raro, co fin de rexenerar os seus poderes para volver loitar. Entón as Winx ouven un ruído e as portas desaparecen.

As Pixies descobren que os monstros son como tigres, e Amore lanza un feitizo para que só teñan amor nos seus corazóns. En Torre de Nubes, as profesoras foron convertidas en monstros. As Winx transfórmanse para loitar.

As luces apáganse, pero Stella ilumina a zona. As Winx usan a converxencia, e atacan os monstros. Valtor obsérvao todo, e as Trix queren actuar. Entón Valtor descobre Mirta, e quere saber todo dela para atacar.

Mirta atopa Lucy e vai con ela, pero é unha trampa e Valtor captúraa. El informa que a súa converxencia non funciona por un feitizo negativo, e crea un buraco no chan. Valtor baixa ao comedor, e as Winx continúan a loitar contra el. Pero Valtor di que Torre de Nubes está baixo o seu control, e unhas mans amarran as Winx.

As Pixies queren deixar os tigres, pero enfadaranse se os deixaren. Piff fai que se durman, e as Pixies van buscar Faragonda. En Torre de Nubes, as profesoras din que Griffin tenta escapar, e Valtor ordena ás bruxas que acaben con elas.

As Winx descobren que Valtor non bloqueou a converxencia, só a capacidade de tocarse. Entón usan unha converxencia a distancia, e logran escapar. Pero a man máxica segue ás Winx. Valtor aumenta a forza máxica da porta de Griffin.

As Winx e Mirta queren abrir a porta, pero Griffin di que se tentaren abrir a porta revelarán a Valtor a súa posición. Daquela as Winx informan a Griffin que Faragonda desapareceu. Griffin di que teñen que atopar os monstros que fixeron os túneles.

As Pixies continúan a buscar, e van parar a un carballo. As Winx atopan con monstros, e descobren que teñen a marca de Valtor e por iso non poden axudalas. Entón Layla usa o seu po de fada e rompe o feitizo nos monstros.

Os monstros din que Valtor atrapou á directora Faragonda nun carballo, por un feitizo máxico. As Winx chegan coa árbore, e descobren que Faragonda se mesturou coa árbore. Pero as Trix están a observalas, e tamén hai escondido un mozo cunha capa.

Feitos importantes Editar

  • As Winx van a Torre de Nubes para buscar Faragonda.
  • Mirta volve a Torre de Nubes para buscar Lucy.
  • As Winx buscan Faragonda e ao fin descobren que se converteu nun carballo.

Curiosidades Editar

  • Na bóla de Valtor hai un erro: Flora ten o seu Enchantix aínda que ela aínda non conseguiu esta transformación.
  • Cando Stella e Musa fan a converxencia para derrotar dúas bruxas, Flora aparece co seu Enchantix.
  • Nabu aparece por primeira vez, mais aínda non falou.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou