FANDOM


Un acontecemento inesperado
Tempada 1, episodio 1
Winx1.png
Información do episodio
Número de episodio total 1
Data do trinque (Italia) 28 de xaneiro do 2004
Data do trinque (EUA) 19 de xuño do 2004
Nomes originais
Nome en italiano Una fata a Gardenia
Nome en inglés (EUA) An Unexpected Event
Sucesión de episodios
anterior
seguinte
Benvida a Magix
Lista de episodios

Un acontecemento inesperado é o episodio 1 da tempada 1 da serie Winx Club e o episodio 1 en total. Estreouse o 28 de xaneiro do 2004 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza nunha cidade chamada Gardenia, na Terra. Bloom Peters, unha moza humana, vive na cidade cos seus pais Mike e Vanessa, e ten unha mascota chamada Kiko, o seu coello axudante e fiel. Ela está a durmir, e é espertada pola súa nai Vanessa, que lle di que chegará tarde a clase. Ela comeza a vestirse pronto, pero percibe que están de vacacións e que a súa nai lle gastou unha broma. Entón Vanessa descobre no chán un libro de fadas, que ela di que son bobadas.

No comedor, Bloom quere facer algunha cousa diferente estas vacacións, pero o seu pai Mike dille que é demasiado pequena, e entón lémbrase de Bloom cando era unha nena. El dille que irán á praia en familia, cousa que Bloom non está moito de acordo, e entón Vanessa dille que teñen unha sorpresa para ela: unha bicicleta. En realidade, Bloom quería unha moto. Ela empeza a pasear por Gardenia coa súa bicicleta, e atópase con Mitzi, que ela xa ten unha moto e comeza a rirse dela.

Bloom vai ao parque coa súa bicicleta e con Kiko. Deixa a bicicleta estacionada, séntase baixo unha árbore e disponse a comer unha mazá. Aparece Kiko moito espantado e Bloom ségueo para ver que pasa. Entón ve unha moza con ás nas súas costas, cun gran cetro de prata e a loitar contra uns monstros ao mando dun ogro chamado Knut. Os monstros comezan a atacala e é derrotada, e o ogro Knut róuballe o seu cetro. Entón Bloom interponse na loita e todos os monstros tentan atacala. Sen saber o que está a facer, Bloom estende a súa man e sae un feixe de enerxía co que lle permite que non a firan.

Knut dáse conta que Bloom non é unha moza normal, e decide atacala por segunda vez. Bloom grita e dela emerxe un gran dragón, que con este último ataque, derrota todos os monstros. A fada dille que é moito poderosa pero queda inconsciente e Bloom decide levala á súa casa. Nalgún sitio escuro, Knut é interrogado por tres criaturas descoñecidas, que lle preguntan como é Bloom. Knut di que sen as súas lentes non puido ver como era, pero ten un anaco de roupa de Bloom e dállo a un troll rastreador.

Na casa de Bloom, os seus pais piden a Bloom explicacións, a fada esperta e explícalles todo. Preséntase como Stella e di que é a princesa do planeta Solaria. Ao principio non cren nela, e Mike dispónse a chamar á policía pero Stella converte o teléfono en comida. Ela di que Bloom é unha fada, e que tería que ir ao colexio Alfea para fadas que hai en Magix. Mentres tanto, nalgún sitio de Gardenia, Knut, o troll e os monstros aparecen e Knut ordena ao troll buscar o rastro de Bloom.

Na casa de Bloom, Stella tenta que Bloom faga maxia, sen éxito. Entón lévaa a través dunha foto enfeitizada ás periferias de Alfea en Magix, e o troll que vai con Knut perde o rastro delas. En Magix, Stella ensina a Bloom a escola Alfea, e despois volven á habitación saltando. Isto fai que o troll atope a casa de Bloom, e Knut entra pola porta de atrás. Kiko escóitaos tentando entrar, e avisa aos pais de Bloom. Ao principio non o cren e Kiko pon obxectos na porta, pero despois acadan entrar e atacan aos pais de Bloom. Stella e Bloom baixan para loitar, e Stella transfórmase en fada para loitar.

Despois dunha loita, os catro escapan da casa e case Stella non pode con Knut e co troll, pero chama aos Especialistas da escola Fonte Vermella. Cando están a piques de derrotar Stella, Sky, Brandon, Riven e Timmy aparecen e atacan ao troll. Os Especialistas vencen o troll. Knut escapa e os Especialistas lévanse o troll á prisión. Ao final, Bloom decide ir a Alfea (a Magix) para estudar maxia e converterse en fada con Stella.

Feitos importantes Editar

Curiosidades Editar

  • Este é o primeiro episodio da tempada 1 e de toda a serie.
  • Cando Stella está a falar con Bloom sobre a dimensión máxica e cando Bloom visita por prima vez Magix, os seus pantalóns moitas veces aparecen enteiros, como se ninguén arrincase un anaco.
  • Cando Bloom, Stella e os pais de Bloom están a andar cara a Alfea, eles non levan a equipaxe, pero eles pasaron a través do portal coa equipaxe.
  • Cando Stella estaba a ser presionada polos fantasmas, non tiña ás.
  • Cando Stella cambia da súa forma de fada á súa roupa de princesa, a beira azul na parte superior falta.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou