FANDOM


Un amor monstruoso
Tempada 6, episodio 21
Winx151.png
Información do episodio
Número de episodio total 151
Data do trinque (Italia) 2 de agosto do 2014
Data do trinque (EUA) 17 de setembro do 2015
Nomes originais
Nome en italiano Un amore mostruoso
Nome en inglés (EUA) A Monstrous Crush
Sucesión de episodios
anterior
O banquete de Solaria
seguinte
A cafetaría da música
Lista de episodios

Un amor monstruoso é o episodio 21 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 151 en total. Estreouse o 2 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Alfea, onde Stella está a buscar nos libros da biblioteca como quebrar o feitizo que fixo que Torre de Nubes quedase invisible pero non atopa nada. Tecna di que ela e Timmy están a facer unha procura coa axuda da tecnoloxía máxica. Bloom dille que non hai problema, pero Stella continúa a buscar nos libros e acaba facendo que os libros roden pola sala enteira. Stella consegue facer que os libros paren cun feitizo.

Entón Timmy vén dicir que atopou un xeito para facer que Torre de Nubes sexa visible de novo, e teñen que usar un localizador espectro-gráfico. Isto é un obxecto que localiza cousas invisibles ao ollo humano. Pero Timmy non sabe onde pode atopar este obxecto, e Tecna di que os seus pais fan calquera obxecto tecnolóxico, e poderían axudarlles. Timmy ten medo de coñecer os pais da súa noiva, e Tecna di que as posibilidades que os seus pais acepten Timmy son un 66,8% e a crecer. Stella di que teñen que ir un pouco máis amodo.

Stella comeza a preparar as roupas de Tecna das Winx para ir visitar os pais de Tecna, e ponlles unhas ás. As Winx saen da habitación de Tecna, e as Pixies ollan ás Winx e din que as roupas son moi bonitas. Bloom colle a chave do Legendarium, e entón Eldora aparece e vén dicir que ten unha caixa forte máxica onde poderán gardar a chave. As Pixies e Kiko quedan para vixiar a caixa forte. Eldora vaise, e as Pixies fan que a caixa forte se asuste e comeza a camiñar, sae da vivenda e vaise pola xanela. As Pixies van buscala.

Máis tarde, as Winx e Timmy van a Zenith, coa esperanza de atopar o obxecto que Timmy lles falou, e permitiralles entrar na invisible Torre de Nubes. Fóra da casa de Tecna, aparecen os pais de Tecna nunha forma holográfica, e din que hai moito tempo que non ven a súa filla. Tecna preséntalles as Winx, e despois preséntalles Timmy e di que é o seu noivo, pero Timmy ten medo. Dentro da casa de Tecna, os pais de Tecna serven bebidas con robots ás Winx.

Os pais de Tecna, Electronio e Magnethia, preguntan a Timmy en cal escola el estuda, pero Timmy é tímido e queda callado, e Tecna di que asiste á escola Fonte Vermella, e é un Especialista e dos mellores. Os pais de Tecna preguntan a clase de especialista que el é, e as Winx din que é técnico. Timmy ten problemas coa bebida e tíraa sobre o robot, e o robot límpase. As Winx, Timmy e os pais de Tecna comezan a xantar, pero teñen que comer unhas comidas que parecen cousas tecnolóxicas e deberes de escola, e a Stella non lle gusta.

Os pais de Tecna fan unha proba a Timmy para saber se é un bo noivo para Tecna, e ten que adaptarse ás cousas de Zenith. Entón ponlle unhas tarefas para facer ao mesmo tempo: resolver un algoritmo e loitar cunha culler. Timmy consegue saír con vitoria na proba, e os pais de Tecna din que el é bo. Bloom lémbralles de falar sobre a misión. Tecna pregúntalles se teñen un localizador espectro-gráfico, e Electronio di que si o teñen. Mentres tanto en Torre de Nubes, as Trix ordenan a Selina que invoque Frankenstein para atacar as Winx, ao ser invocado o monstro, el comeza a causar caos en Zenith e absorbe proxectís eléctricos dos robots.

En Alfea, as Pixies seguen á caixa forte máxica e a caixa entra nos corredores subterráneos de Alfea, e as Pixies séguena coa axuda dos poderes de Lockette. En Zenith, as Winx e Timmy despídense dos pas de Tecna, pero descobren que Frankenstein está a atacar o planeta. As Winx ven isto e transfórmanse en Bloomix para atacar Frankenstein de Timmy vai axudalas coa súa moto. Pero os poderes eléctricos o fan forte non o poden atacar e mesmo non poderían esperar que se namoraría de Tecna pola aparencia e a forma que realiza os seus poderes eléctricos.

As Trix enfádanse ao ver a debilidade da súa besta e Stormy quere usar outra personaxe do Legendarium, Selina dálle os poderes a Stormy doutra personaxe non revelada. Timmy tenta salvar Tecna na súa moto pero Frankenstein lánzao ao chan e este leva Tecna ao mundo do Legendarium. As Winx van alí para salvala co Mythix e atópanse nun castelo, pero son sorprendidas cando Stormy (como a noiva de Frankenstein) as ataca con proxectís eléctricos case derrotando ás Winx. Mentres tanto, Frankenstein dá flores a Tecna e ela non as quere, polo que consegue distraelo para ver o que acontece coas Winx.

As Winx comezan unha batalla con Stormy, polo que ao final Tecna atrae Stormy e Frankenstein namórase dela, revelando que el só ama unha muller cos seus mesmos gostos. As Winx vanse do mundo do Legendarium, e Stormy tamén está moi furiosa polo acontecido. Os pais de Tecna agradecen ás Winx por defender o planeta e tráense consigo o dispositivo. As Pixies tentan buscar a caixa forte máxica nos corredores pero a caixa vai moito á présa, polo que Chatta abre a tubaxe para que a auga saia e tamén sae a caixa e torna á vivenda das Winx. As Pixies non saben que poden facer coa auga saíndo do pozo de Alfea, pero as Winx chegan e ven que a caixa está segura. Agora que as Winx teñen o dispositivo, poderán acceder a Torre de Nubes con facilidade.

Feitos importantes Editar

  • As Winx e Timmy van a Zenith para atopar o dispositivo que pode facer visible Torre de Nubes.
  • Bloom pon a chave do Legendarium nunha caixa forte.
  • Tecna presenta Timmy aos seus pais.

Curiosidades Editar

  • Aparecen de novo os túneles secretos de Magix, ausentes desde anteriores tempadas. Só que a diferenza das versións anteriores, hai tubaxes de auga que non se vían antes.
  • Aparecen por primeira vez os pais de Tecna.
  • É a primeira vez que unha criatura do Legendarium non é derrotada polas Winx.
  • Stormy é a única das Trix que aparece cunha personaxe transformada nun episodio, xa que ás de máis aparecían en dous episodios.
  • Esta é a segunda vez que unha criatura lendaria se namora dunha das Winx. A primeira foi no episodio 3 da tempada 3 (A fada e a besta) cando Knut se namorou de Stella convertida nun monstro.
  • Cando as Winx collen as súas variñas para transformarse en Mythix, Layla colle a variña de Bloom.
  • Esta é a terceira vez que o Legendarium dá poder ás Trix. A primeira foi no episodio 17 (A maldición de Fearwood), cando Selina fai que Icy sexa a Raíña do Xeo; e a segunda foi no episodio 19 (Raíña por un día), cando Selina fai que Darcy sexa Ariadne.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou