FANDOM


Un encontro perfecto
Tempada 5, episodio 21
Winx125.png
Información do episodio
Número de episodio total 125
Data do trinque (Italia) 17 de abril do 2013
Data do trinque (EUA) 7 de abril do 2013
Nomes originais
Nome en italiano Un appuntamento perfetto
Nome en inglés (EUA) A Perfect Date
Sucesión de episodios
anterior
Os problemas do amor
seguinte
Escoita o teu corazón
Lista de episodios

Un encontro perfecto é o episodio 21 da tempada 5 da serie Winx Club e o episodio 125 en total. Estreouse o 17 de abril do 2013 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza no simulador, onde as Winx están a adestrarse. As Winx son atacadas por un monstro, e ao final Tecna ten que salvar as outras Winx, que foron atacadas. Tecna usa a Aura do Sirenix e logra derrotar o monstro. As Winx saen do simulador, e Palladium felicítaas.

As Winx felicitan Tecna, e din que organizaron un encontro para ela e Timmy no mellor restaurante de Magix. Tecna ten medo de estragar a cita. En Fonte Vermella, Timmy di aos outros Especialistas que non sabe que facer co encontro. Brandon fala con Timmy de regras para encontros.

En Alfea, as Winx preparan Tecna ao revés do que os Especialistas preparan Timmy. Stella pon o móbil de Tecna en silencio. No encontro, Timmy dá a Tecna unhas flores, pero tropeza e fai caer un home. Tecna usa maxia para salvar o home, e agradece a Timmy as flores.

No Océano Infinito, Daphne tenta avisar Bloom. En Alfea, Daphne di a Bloom que teñen que destruír o selo da columna do control. Bloom explícallo ás Winx, pero elas non o entenden. Bloom explica que se destruíren o selo, non o poderá roubar Tritannus. Layla di que cando destruíren o selo, poderán restaurar a columna do control coa súa maxia.

As Winx transfórmanse, e entran no Océano Infinito. Alí reúnense coas Selkies, e elas indican o camiño á columna do control. Na Terra, as Trix axudan Tritannus, e tiran barrís de petróleo á auga e Tritannus volve á súa forma de monstro. Tritannus di que teñen que ir á columna do control.

No encontro, Tecna e Timmy non saben que dicirse, e empezan a seguir os consellos dos seus amigos co que o encontro empeza a estragarse. No Océano Infinito, as Winx deixan as Selkies e van cara á columna do control. Pero aparece un monstro e ataca as Winx, e a maxia non funciona co monstro.

No encontro, Tecna equivócase de mesa, e logo vai á súa mesa correcta. Timmy atopa que a súa sopa é picante, e Tecna lánzalle a auga do vaso e a parella empeza a rir. As Winx tentan falar con Tecna, e cando o encontro ía ben, Tecna recibe a mensaxe das Winx e deixa Timmy.

Tecna transfórmase, e vai ao Océano Infinito. Alí a súa Selkie lévaa á columna do control, e atópase co monstro. Tecna decide usar o seu feitizo da Aura do Sirenix, e Flora di que o monstro só ten fame. O monstro empeza a perseguir Tecna, e saen á superficie.

Tecna usa o seu feitizo da Aura do Sirenix, e as Winx escapan do monstro. Flora lanza unhas sementes ao monstro para que as coma. As Winx usan os seus feitizos, e logran destruír o selo da columna do control. Pero todo empeza a tremer, e as Winx usan unha converxencia para estabilizar a columna do control. Ao final, Tecna reúnese con Timmy e abrázanse.

Feitos importantes Editar

  • As Winx destrúen o selo da columna do control, mais conseguen estabilizar a columna do control con éxito.
  • Tecna e Timmy saen no seu primeiro encontro real.

Curiosidades Editar

  • Esta é a primeira vez que aparece a superficie do Océano Infinito.
  • Unha muller de Gardenia co cabelo castaño pode ser vista no restaurante de Magix.
  • A posición da mesa de Tecna e Timmy cambia varias veces durante o episodio.
  • É noite na cidade de Magix, mais aínda hai sol en Alfea. Ironicamente, ambos os locais están no mesmo planeta e ambos deberían ter o mesmo fuso horario.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou