Wiki Winx Club
Advertisement

Un mundo tolo, tolo é o episodio 21 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 177 en total. Estreouse o 1 de outubro do 2015 en Italia.

Argumento

O episodio comeza no Parque de Rescate de Animais de Gardenia, onde Roxy di que comezará un espectáculo de animais. Kalshara e Brafilius entran infiltrados. As Winx comezan o espectáculo cos seus animais máxicos. Elas din que é o seu último espectáculo na Terra, porque volverán a Alfea. Kalshara e Brafilius tamén o ouviron.

As Winx están a descansar, e din que teñen que volver a Alfea para protexer os animais máxicos. Roxy encargarase do parque. Os animais de Roxy de súpeto advirten que o clima no país africano de Etiopía se está a volver raro e que as garzas azuis que migraron alí tamén están en risco.

As Pixies veñen dicir que hai problemas no clima, e elas queren vir coas Winx. Bloom acepta, e as Winx transfórmanse en Butterflix. As Winx despídense dos seus animais, e van a Etiopía coas Pixies, onde a pesar de estar preto do Ecuador e o sol está moi quente, todos teñen moito frío.

As Pixies e as Winx traballan para salvar as garzas e cambiar o clima, e Cherie fai que haxa calor, pero hai demasiada calor. Cherie crea choiva para que haxa auga, pero a nube sae fóra de control, e agora neva. Nuns lugares está a nevar, e noutros fai un calor excesivo. Cherie tenta arranxalo, pero aparece un tornado.

As Winx ven que as Pixies están en perigo, e Tecna descobre a orixe do cambio climático, nunha torre. Bloom detecta maxia salvaxe na torre, e as Winx transfórmanse en Tynix para entrar nun Mini-Mundo, o Mini-Mundo do Reloxo de Sol. Este Mini-Mundo é un lugar moi estraño.

No Mini-Mundo do Reloxo de Sol, hai uns animais que parece que están nunha guerra. De súpeto, as Winx envólvense na guerra, e quedan presas. Felizmente, os animais máxicos sálvanas. Tecna descobre con catro soles non hai sombra, e ten que quitar tres dos soles. Tecna conségueo, e arranxa o clima.

En Etiopía, o clima volta ao seu estado natural, e as garzas están seguras. As Pixies ven que as Winx non precisaron delas. No Mini-Mundo, os animais agradecen a súa axuda ás Winx, e fóra, as Pixies din ás Winx que o clima volveu ao seu estado natural.

As Winx están a prepararse para volver cara a Alfea, xa que a súa misión tivo éxito. Pero de súpeto atopan unha toupa que di que é o animal máxico de Faragonda, e quere reunirse coa súa fada enlazada. As Winx sorpréndense, e termina o episodio.

Feitos importantes

  • Kalshara faise pasar pola toupa da directora Faragonda.

Curiosidades

  • En dúas escenas, as ás de Stella son púrpura en vez de rosa escuro e as ás da Tecna son verdes claro no canto de púrpura.
  • Nunha escena, Stella ten dúas pulseiras na súa forma Butterflix no canto dunha.
  • Nunha escena, Layla ten un pendente na súa forma Butterflix que non o ten que ter.
  • Nunha escena, as ás de Flora faltan.
  • Nunha escena, as ás de Amore faltan.
  • Nalgunhas escenas, a parte amarela das ás de Cherie falta.
  • Nunha escena, a parte superior das ás de Amore falta.
  • Nunha escena, a roupa e as ás Tynix de Flora teñen cores distintas ao orixinal.
  • Nunha escena, as ás de Tecna son verdes no canto de púrpura; as ás de Bloom son azuis no canto de rosa e as ás de Flora son azuis no canto de verdes.
  • Nunha escena, as ás de Bloom son rosa escuro no canto de rosa claro.
  • Nunha escena, as pulseiras de Flora faltan na súa forma Butterflix.

Galería

Advertisement