Wiki Winx Club
Advertisement

Un mundo tolo, tolo é o episodio 21 da tempada 7 da serie Winx Club e o episodio 177 en total. Estreouse o 1 de outubro do 2015 en Italia.

Argumento[]

O episodio empeza no Parque de Rescate para Animais de Gardenia, onde Roxy anuncia que empezará un espectáculo dos animais, de novo Kalshara e Brafilius entran infiltrados.

As Winx empezan o seu espectáculo cos seus animais máxicos. Elas din que será o seu último espectáculo na Terra, porque volverán a Alfea. Mentres tanto Kalshara e Brafilius tamén oíron esta información.

As Winx están a descansar, e din que teñen que volver a Alfea para protexeren os animais máxicos. Deste xeito Roxy quedará coa a responsabilidade de coidar do parque. De súpeto con todo os paxaros de Roxy advírtena de que o clima no país africano de Etiopía é inestable e que as garzas azuis que migraron alí están tamén en perigo.

As Pixies veñen anunciarlles ás fadas que hai problemas no nivel do clima, e queren tamén elas vir coas Winx. Bloom acepta, e as Winx transfórmanse en Butterflix.

As Winx despídense dos seus animais, e van a Etiopía coas Pixies, onde malia que están á beira do ecuador e o sol é moi intenso e a temperatura elevada, vai moito frío.

As Pixies e as Winx traballan xuntas para salvaren as garzas e para cambiaren o clima. Só que Cherie fai que vaia calor, pero vai demasiada calor. Cherie invoca choiva para restablecer o nivel da auga no chan, pero a nube sae de control, e agora neva. Nuns sitios está a nevar, e noutros vai calor excesiva. Cherie tenta resolver o problema, pero só empeora as cousas ao invocar un tornado.

As Winx ven que as Pixies están en perigo, e Tecna descobre a orixe do cambio climático, que se atopa nunha torre. Bloom detecta maxia salvaxe na torre, e as Winx transfórmanse en Tynix para entraren nun novo Mini-Mundo, o Mini-Mundo do Reloxo de Sol. No entanto, este Mini-Mundo é un sitio moi estraño.

No Mini-Mundo do Reloxo de Sol, hai uns animais que parece que están nunha clase de guerra. De súpeto, as Winx están implicadas na guerra esta. Por sorte os animais máxicos salvan as Winx. Tecna descobre que con catro soles non hai sombra, e ten que eliminar sexa como for tres do catro soles. Tecna lógrao, e restablece as condicións climáticas.

En Etiopía, o clima volve á normalidade, e as garzas están seguras. As Pixies ven que as Winx non precisaron delas para completaren a súa misión. No Mini-Mundo, os animais danlles as grazas ás Winx porque lles axudaron e fóra, as Pixies anúncianlles ás Winx que o clima volveu de volta á normalidade, grazas a estas.

As Winx están a prepararse para volveren a Alfea, agora que a súa misión tivo éxito. Pero de súpeto atopan unha toupa escava-furacos que di que ela é o animal máxico de Faragonda, e quere reunirse coa súa fada coa que está ligada. As Winx quedan sorprendidas, e deste xeito remata o episodio.

Feitos importantes[]

  • Kalshara disfrázase da toupa escava-buracos da directora Faragonda.

Curiosidades[]

  • As Winx visitan outra localización da Terra: Etiopía.
  • En dúas escenas, as ás de Stella son moradas no canto de rosa escuro e as ás de Tecna son verde claro no canto de moradas.
  • Nunha escena, Stella ten dúas pulseiras na súa forma Butterflix no canto dunha.
  • Nunha escena, Layla ten un pendente na forma do Butterflix pero non o ten que ter.
  • Nunha escena, as ás de Flora faltan.
  • Nunha escena, as ás de Amore faltan.
  • Nunhas escenas, a parte marela das ás de Cherie faltan.
  • Nunha escena, a parte superior das ás de Amore faltan.
  • Nunha escena, a roupa e as ás Tynix de Flora teñen cores distintas ca na versión orixinal.
  • Nunha escena, as ás de Tecna son verdes no canto de moradas; as ás de Bloom son azuis no canto de rosa e as ás de Flora son azuis no canto de verdes.
  • Nunha escena, as ás de Bloom son rosa escuro no canto de rosa claro.
  • Nunha escena, as pulseiras de Flora faltan na súa forma Butterflix.

Galería[]

Advertisement