FANDOM


Un mundo virtual
Tempada 4, episodio 16
Winx94.png
Información do episodio
Número de episodio total 94
Data do trinque (Italia) 19 de outubro do 2009
Data do trinque (EUA) 24 de xuño do 2012
Nomes originais
Nome en italiano Un mondo virtuale
Nome en inglés (EUA) A Virtual World
Sucesión de episodios
anterior
Leccións de maxia
seguinte
A illa encantada
Lista de episodios

Un mundo virtual é o episodio 16 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 94 en total. Estreouse o 19 de outubro do 2009 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza na casa das Winx, onde Faragonda dixo ás Winx que elas teñen que descubrir os segredos do Círculo Branco para saber o que pasou coas fadas da Terra. As Winx transfórmanse e usan as ás Tracix, e descobren que as fadas da Terra están nunha illa chamada Tir Nan Og.

Musa pensa en Riven e Jason Queen, e logo as Winx deciden ir a Tir Nan Og. Tecna oculta o Círculo Branco nun mundo virtual de Internet. Nos sumidoiros, os Feiticeiros do Círculo Negro senten a enerxía do Círculo Branco. As Winx deciden facer unha banda de música, e os Especialistas están de acordo nisto.

Nabu tenta falar con Riven, e dille que lle pida perdón. Helia di que tamén axudará Riven a escribir un poema para Musa. Helia e Nabu din a Riven que compre flores. Cando Riven trae as flores, tropeza e cae sobre un mozo que é alérxico ás flores.

Os Feiticeiros do Círculo Negro chegan á casa das Winx, e os animais tentan defender a casa. Pero os Feiticeiros do Círculo Negro deixan inconscientes aos animais, e atopan o Círculo Branco en Internet. Duman queda na casa mentres os outros tres entran no mundo virtual. Duman ata os animais para que non fagan nada.

As Winx están a tocar no bar Frutti Music, mentres Riven tenta falar con Musa sen éxito. Roxy sente que algo está a acontecer cos animais de Amor e Peluches, e dillo ás Winx.

As Winx chegan á tenda, e atopan Duman. As Winx transfórmanse, e loitan contra Duman. Entón chegan os Especialistas, e deixan Duman fóra de combate. As Winx rescatan aos animais, e entón descobren que os Feiticeiros do Círculo Negro están no mundo virtual.

As Winx deciden entrar ao mundo virtual, aínda que é perigoso. Timmy axuda as Winx a entrar no mundo virtual, e no mundo virtual todo está escuro. Os Especialistas atopan algo que está a seguir ás Winx, e resulta que é Anagan. As Winx usan as ás Speedix para ir máis rápido.

As Winx voan ata a localización dos Feiticeiros, pero non se moven. As Winx usan as ás Zoomix para teletransportarse, pero entón caen nun precipicio. Bloom logra evitar a caída, e as Winx capturan o Círculo Branco.

Os Feiticeiros tentan coller o Círculo Branco tamén, e ao final Bloom decide soltar o Círculo Branco. Así logran saír do mundo virtual. As Winx non saben que pasou cos poderes dos Feiticeiros do Círculo Negro, pero saben que ao facer contacto co Círculo Branco sen protección, perderon poderes.

As Winx continúan a ter o Círculo Branco, e Roxy di que fagan unha viaxe a Tir Nan Og. Pero as Winx queren ir ao bar Frutti Music a descansar. Riven trae a Musa bombóns, pero Musa non está contenta con el. Riven non quere oír máis consellos de Helia e Nabu.

Helia di a Flora que só tentou axudar Riven con Musa. Máis tarde, Musa descúlpase con Riven porque Nabu lle contou a súa situación, pero Musa di que precisa de tempo para pensar. O grupo de Andy di que as Winx fixeron un bo concerto, e teñen moitos talentos para a música.

Feitos importantes Editar

  • As Winx forman unha banda de música.

Curiosidades Editar

  • Cando as Winx usan o Tracix para descubrir o segredo do Círculo Branco, Stella tivo as ás Tracix de Tecna.
  • Nunha escena onde están as Winx, Roxy está na súa forma de fada en vez de estar na súa forma humana, pero sen as ás.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou