FANDOM


Película1.jpg

Cartel da película 1.

Winx Club I: O segredo do reino perdido, en italiano Winx Club: Il segreto del regno perduto, é a primeira película de animación 3D italiana baseada na animación creada por Rainbow SpA, Winx Club. A película foi lanzada o día 17 de novembro do 2007 en Italia.

Sinopse Editar

A película é sobre Bloom, a única sobrevivente do reino de Domino, que desexa atopar os seus pais. A historia comeza nalgún momento despois da tempada 3 con Valtor derrotado e a Dimensión Máxica segura. Bloom e as súas amigas van nunha busca de Oritel e Marion, os pais verdadeiros de Bloom, mentres tratan de descubrir o segredo do reino perdido de Domino, que pode cambiar a vida de Bloom para sempre. As rapazas buscan Hagen, un ferreiro que forxou a espada do rei Oritel, o pai de Bloom. Unha espada que é dita ser inseparable do seu propietario. Hagen é incapaz de axudar Bloom, e desanimada, ela retorna á Terra, onde é visitada nun soño pola súa irmá, Daphne. Ela anima Bloom a seguir en busca dos seus pais e dá a Bloom a súa máscara, o que permite que Bloom vexa como era Domino antes da súa destrución.

Cando viaxam á Dimensión Obsidiana, Bloom descobre, despois de afrontar unha feiticeira do mal chamada Mandragora, que Marion foi absorbida dentro da espada de Oritel, e que un rei pode liberala e recuperar todo o reino de Domino. Despois de grandes descubrimentos feitos por Bloom, polas Winx e polos Especialistas, e despois de vencer as Tres Bruxas Ancestrais, Sky (que é agora o novo rei de Eraklyon, despois de que o seu pai dá o trono a Sky) consegue liberar a espada de Oritel, liberando Marion, Oritel e todos os habitantes de Domino. O reino de Domino entón renace, e Bloom finalmente reencontra os seus pais biolóxicos. Durante unha festa para conmemorar esta vitoria, Sky propón Bloom en casamento e ela acepta de inmediato.

Ao final da película, revélase que ao destruír a Dimensión Obsidiana, as Winx inconscientemente liberaron as Tres Bruxas Ancestrais. Elas, entón, móstranse coas súas descendientes, as Trix (Icy, Darcy e Stormy).

Cronoloxía de películas Editar

Película actual Película seguinte
Winx Club I: O segredo do reino perdido Winx Club II: A aventura máxica

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou