Wiki Winx Club
Registrarse
Advertisement

Winx Club III: O misterio do abismo, en italiano Winx Club: Il mistero degli abissi, é a terceira película de animación 3D italiana dirixida por Iginio Straffi. Foi lanzado o día 4 de setembro do 2014 en Italia. Ocorre tras os eventos da tempada 5.

Sinopse[]

As Trix están de volta: elas queren sentarse no Trono do Emperador para reclamar o seu gran poder. Pero facendo iso, elas accidentalmente evocan Politea. A malvada ninfa aínda segue viva e está preparada para facer un pacto coas tres bruxas. Ela dilles que necesitan activar o Trono do Emperador. As Trix teñen que liberar Tritannus da dimensión do Esquecemento, pero antes diso, precisan dunha forza vital dun rei e as Trix pensaron en Sky, o Rei de Eraklyon, e sobre todo, o prometido de Bloom.

As Trix aparecen en Gardenia, onde Bloom e Sky están a gozar dun día xuntos. Bloom soa non pode facer nada, así que as Trix secuestran Sky e lévano ao Océano Infinito. As tres bruxas liberan Tritannus e convénceno de ser o seu aliado de novo para conseguir a poderosa Perla dos Abismos. As Winx únense a Bloom e xuntas deciden ir rescatar Sky.

Como conseguirán sobrevivir na terrible prisión da Dimensión do Esquecemento? Como poderán parar Tritannus e ás súas aliadas na barreira de coral? Non só loitarán pola salvación de Sky, tamén polo equilibro de todo o Océano Infinito.

Cronoloxía de películas[]

Película anterior Película actual Película seguinte
Winx Club II: A aventura máxica Winx Club III: O misterio do abismo Winx Club IV: A princesa perdida
Advertisement