FANDOM


Winx Club para sempre
Tempada 4, episodio 11
Winx89.png
Información do episodio
Número de episodio total 89
Data do trinque (Italia) 8 de maio do 2009
Data do trinque (EUA) 10 de xuño do 2012
Nomes originais
Nome en italiano Winx Club per sempre
Nome en inglés (EUA) Winx Club Forever
Sucesión de episodios
anterior
A canción de Musa
seguinte
Pai! Son unha fada!
Lista de episodios

Winx Club para sempre é o episodio 11 da tempada 4 da serie Winx Club e o episodio 89 en total. Estreouse o 8 de maio do 2009 en Italia.

Argumento Editar

O episodio empeza en casa de Roxy, e os Feiticeiros do Círculo Negro tamén están. Os Feiticeiros entran na casa, pero Roxy óuveos entrar e chama ás Winx. Entón as Winx usan as súas ás Zoomix, e teletranspórtanse a un lugar seguro con Roxy. No ceo, Layla está preocupada porque Nabu está raro, e ao final vai con el.

Bloom fala con Roxy, e proban un feitizo. Musa fala con Flora porque rompeu con Riven, e as outras Winx abrazan Musa. Flora vai pola rúa, e atopa unhas rosas que case morreron. Flora devolve a vida ás rosas, pero a súa dona di que se afaste. Flora usa o seu Believix para que ela coide as rosas.

Musa atopa un pobre que está a tocar música cunha guitarra, e Musa fai que a súa música sexa máis boa. Pero as Winx están preocupadas porque a xente non cre nelas. Mentres tanto, Nabu quere dicir a Layla algo, pero non se atreve. Ao final Nabu pide a Layla matrimonio, e Layla acepta.

Na tenda Amor e Peluches, Tecna pregunta a Roxy que son os superheroes. Logo Tecna informa ás outras Winx que actúen como os superheroes, e Bloom está de acordo. Roxy axudará ás Winx. Tecna informa que Layla volveu da súa cita con Nabu, pero non dixo nada e foise pola mañá.

En Gardenia, uns ladróns están a roubar, e as Winx están a voar. As Winx tentan detelos, e usan as ás Speedix. Ao final logran deter tres deles, pero dous ladróns seguen cun coche. Ao final vén a policía, e as Winx vanse.

As Winx laméntanse porque non conseguiron nada, e a radio di que son supostas heroínas. Layla chega, pero Stella está enfadada porque está con Nabu. Entón Layla fala de Brandon, e Stella e Layla enfádanse. Pola noite, Layla non volve coas outras Winx.

As Winx van de compras, e Stella compra moitas máis cousas que as demais. Cando saen, atopan outro roubo, pero as Winx din que non vale a pena. Os ladróns collen unha rapariga como refén, e as Winx transfórmanse. Entón chega Layla, e Stella perdoa Layla.

Layla fai que a rapariga que está como refén escape, e logo Bloom fai que os ladróns se entreguen. Stella fai que os policías crean nas Winx. No bar Frutti Music, Layla explica ás outras que Nabu lle pediu matrimonio. As Winx e os Especialistas alégranse, e Roxy chega e informa ás Winx que logrou que Arthur fale.

Feitos importantes Editar

  • Nabu propón casar con Layla, e ela acepta.
  • Roxy aprende a usar os seus poderes para facer que Arthur fale por primeira vez.
  • A maxia de Roxy está a ser cada vez máis forte.

Curiosidades Editar

  • As Winx tentan ser superheroínas para que as persoas crean na maxia.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou