FANDOM


Winx inesquecibles
Tempada 6, episodio 26
Winx156.png
Información do episodio
Número de episodio total 156
Data do trinque (Italia) 4 de agosto do 2014
Data do trinque (EUA) 22 de novembro do 2015
Nomes originais
Nome en italiano Indimenticabili Winx
Nome en inglés (EUA) Unforgettable Winx
Sucesión de episodios
anterior
Acheron
seguinte
O parque natural de Alfea
Lista de episodios

Winx inesquecibles é o episodio 26 da tempada 6 da serie Winx Club e o episodio 156 en total. Estreouse o 4 de agosto do 2014 en Italia.

Argumento Editar

O episodio comeza en Torre de Nubes, onde as Winx tentan derrotar ao Espírito de Lagartos que Acheron invocara no episodio anterior, pero non o conseguen derrotar e din que precisan de Bloom. Musa pregunta a Selina onde está Bloom, e Selina responde que ela está no mundo do Legendarium. Stella e Layla atacan o monstro, pero os seus ataques non serven. Unha das cabezas ataca Selina, e Tecna protéxea cun feitizo de protección.

Selina di que Acheron lle quitou os seus poderes, e Flora di que Acheron tamén quitou todos os poderes do universo máxico. As Winx non confían na axuda de Selina, xa que as atacaba desde o principio, e aínda así non poden co lagarto. Selina decátase que como Acheron lle quitou os seus poderes para invocar lendas, non pode axudar. Pero entón o libro flutúa e lanza luz, e descobre que Bloom derrotou Acheron e por iso regresan os seus poderes e os do universo máxico.

Un pouco despois, Selina di ás Winx que as axudará a pesar das súas accións anteriores e accederá a Torre de Nubes para reverter o feitizo do espírito. Despois disto, Selina e as Winx ven nunha páxina do Legendarium que Bloom quedará presa no libro coas Trix e converterase nunha personaxe de ficción xunto ás Trix, se non fixeren algunha cousa cedo. Entón as Winx non cren en Selina e pensan que as podería traizoar de novo como fixo anteriormente.

No mundo do Legendarium, as Trix atacan Bloom con ataques e proxectís, mentres Bloom realiza ataques a elas, e parece que esta batalla está a chegar a un punto morto. Entón o trío de bruxas cánsase e Icy decide conxelar a variña de Bloom, e despois as tres deixan Bloom no chan. Entón as Trix combinan os seus poderes para crear unha gaiola da tristeza, facendo que Bloom non poida moverse e perda aos poucos a súa enerxía.

Bloom queda presa na gaiola sen posibilidades que se mova e cae rendida, mentres nas periferias de Torre de Nubes continúa a loita das Winx contra o monstro de Acheron. Selina pon unhas cordas nas bocas do monstro, e vaise cara a Torre de Nubes mentres que as Winx se ocupan do monstro. En Torre de Nubes, Selina di ás bruxas que queden sen facer nada, e ela encargarase do que pase fóra da escola.

Selina atopa a fonte que fai que o monstro estea vivo, e entón fai que a maxia das escolas máxicas regresen aos seus donos de orixe. Entón as escolas volven ter enerxía e maxia, e Hagen é liberado. A xente de todas as escolas póñense contentas porque recuperaron os seus poderes. E as Winx din que se isto é obra de Selina, quere dicir que estaban equivocadas sobre ela, e que Selina cambiou e agora é boa.

No mundo do Legendarium, Bloom está a perder a súa enerxía. Despois comeza a lembrar as súas amigas e os seus pais desde que se fixo máis forte sen evitar que lle acontecese algunha cousa, entón Bloom repele o feitizo que fixeron as Trix cos seus poderes sen usar a súa variña Mythix. As Trix están nunhas burbullas mentres Bloom está a velas, recupera a súa variña e regresa ao mundo real. E as Trix quedan presas para sempre no mundo do Legendarium como personaxes de ficción.

En Torre de Nubes, as Winx reagrúpanse con Bloom e dinlle que salvaron Torre de Nubes coa axuda de Selina. Despois Selina e Bloom arranxan a súa amizade, polo que deciden pechar o Legendarium. Pero antes ven as Trix presas no libro e falan con elas pedindo que as liberen. Bloom tenta pechar o libro coa chave, pero non pode, e as outras Winx pensan que Rumpelstiltskin as enganou cunha trampa e esa non é a chave verdadeira.

Selina entón descobre que ela é a única que pode pechar o Legendarium, xa que soamente quen usaba o libro poderá bloquealo, e finalmente o libro se pecha, e as Trix quedan como prisioneiras. Entón Selina di que agora que o libro está pechado, só ten que facer unha cousa máis, que é devolverllo á dona do libro, a fada madriña Eldora, para que o garde como antes facía. As Winx van buscar Eldora.

As Winx van a Domino para celebrar que todo o universo máxico volve estar normal. Eldora ve que o Legendarium xa foi pechado e decide gardalo baixo máxima protección, e ve Selina que cambiou o seu carácter despois das súas accións, e mesmo ela di que lle ensinará maxia para que se converta nunha fada. En Torre de Nubes, Griffin di que agora volveu como a verdadeira directora, e pon as primeiras probas ás súas alumnas.

Máis tarde, Stella fai traxes elegantes aos especialistas peparados para retomar a voda, finalmente Daphne e Thoren conseguen casar, e bícanse. Bloom e Daphne abrázanse mentres Sky tamén felicita o seu primo Thoren porque casou, e todo termina cunha celebración. Daphne lanza o ramo para facer que caia sobre as raparigas, pero Kiko cólleo antes. E a escena final termina con Daphne e Thoren a voar no seu carro de Peg.

Feitos importantes Editar

  • Toda a maxia que as Trix roubaron ás escolas da dimensión máxica é devolta.
  • Bloom derrota as Trix definitivamente.
  • Selina pecha o Legendarium para sempre.
  • A directora Griffin regresa a Torre de Nubes.
  • Daphne e Thoren casan.

Curiosidades Editar

  • Este é o ultimo episodio que é co-producido por Nickelodeon.
  • Última aparición do mundo do Legendarium, o que deduce que agora que o libro se pechou, o Mythix e as variñas ancestrais non serán útiles nas seguintes tempadas.
  • As fadas de Eraklyon fan unha aparición final.
  • Este é o último episodio da tempada 6.

Galería Editar

Interferência de bloqueador de anúncios detectada!


A Wikia é um site grátis que ganha dinheiro com publicidade. Nós temos uma experiência modificada para leitores usando bloqueadores de anúncios

A Wikia não é acessível se você fez outras modificações. Remova o bloqueador de anúncios personalizado para que a página carregue como esperado.

En torno á rede de Wikia

Wiki ao chou